Pedro López Quintana, nado en Barbastro o 27 de xullo de 1953, é un arcebispo católico galego, na actualidade nuncio papal no Canadá.
Traxectoria Aínda que nado en Aragón, o seu pai era de San AmaroOcho obispos gallegos ejercen en el extranjero y solo tres, en su tierra , El Correo Gallego, 14/12/2008, e López Quintana medrou e estudou en Pontevedra. Despois cursou teoloxía en Santiago de Compostela, e nesa cidade, en 1980 recibe a orde sacerdotal das mans do daquela papa Xoán Paulo II. Doutor en Dereito canónico e cun máster en teoloxía dogmática, incorporouse aos servizos diplomáticos do Vaticano en 1984.
Destinado nas embaixadas (nunciaturas) vaticanas en Madagascar, Filipinas e a India, en 1998 volveu ao Vaticano para traballar dentro do mesmo ministerio de Asuntos Exteriores. A finais de 2002 é nomeado arcebispo de Agropoli e nuncio apostólico con destino na India e no Nepal, cargos do que toma posesión a comezos de 2003.
Notas
Categoría:Embaixadores Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Nados en 1953 Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Nados en Barbastro