O abadexo,Ríos Panisse, M. C. (1997)Lahuerta e Vázquez (2000) badexo Rodríguez Solórzano et. al. (1983) badeixo,Rodríquez Villanueva et al. (1955) Pollachius pollachius, é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos gádidos.Cohen et al. (1990)Pollachius Nilsson en WoRMS.

A primeira descrición da especie foi feita por Carl von Linné en 1758 na 10ª edición do seu Systema Naturae Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, 824 pp. (Systema Naturae Ver en liña, data e obra que marcan o inicio da taxonomía e nomenclatura zoolóxica modernas, baixo o nome de Gadus pollachius.

Os exemplares novos (é dicir, os de tamaño pequeno ou mediano) denomínanse cerretas corbelos, corobinas Constantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27 ., curubelos, paleotasCamiño Noia Campos et al. (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia., sarretas, serretas, sarretosEladio Rodríguez (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego castellano, 3 vols. Vigo: Galaxia ou zarretas.

Descrición Ten un corpo alongado e esvelto que mide, habitualmente, entre 40 e 80 cm de lonxitude, se ben pode chegar aos 130 cm (dato rexistrado por Svetovidov). Ten unha cor parda olivácea no dorso, que se vai facendo máis pálida nos flancos ata chegar á branca de prata brillante no ventre. Está cuberto de pequenas escamas revestidas de mucosidade.Os ollos son grandes, de diámetro maior que a a unha vez e media da lonxitude do fociño. A mandíbula inferior é prominente (sobre todo nos adultos) e carece de barbelas no queixo. Os dentes son pequenos, agudos e subiguais, existindo en ambas as dúas mandíbulas e no vómer; na mandíbula superior forman como unha carda e na inferior dispóñense en dúas filas dianteiras e unha a cada lado das ramas mandibulares. O bordo posterior do maxilar acaba na vertical que pasa polo bordo anterior do ollo.

A altitude máxima do seu corpo equivale á cuarta ou quinta parte da súa lonxitude e posúe o contorno transversal redondeado. As aberturas nasais están no terzo superior da lonxitude do rostro e a primeira, redonda e pequena, posúe no seu bordo posterior unha membrana que, rebatida, lle serve de opérculo; a posterior, oval e de maior tamaño, carece de membrana dérmica marxinal. miniatura|Abadexo pescado en mar aberto cun peso de 7,5 kg.

A primeira aleta dorsal orixínase un pouco antes da vertical que pasa pola abertura anal; é triangular e nos adultos está precedida por un suco. A segunda dorsal ten a base o dobre de longa que a primeira e a primeira aleta anal é a máis longa de todas. As aletas adoitan ser da cor do dorso corporal ou máis claras, semellantes ás manchas dos flancos ou manchadas de cor amarela. A liña lateral do corpo do abadexo destaca pola súa cor escura; nalgúns exemplares pode ser parda, violácea ou agrisada, separada sen transición da cor metálica dos flancos.

A primeira aleta anal é longa, e ten a súa orixe debaixo da metade posterior da base da primeira das tres aletas dorsais. A aleta caudal ten forma de media lúa. A liña lateral é negra e, por riba das aletas pectorais, cúrvase cara ao dorso.Muus, Bent J. et al. (1998)

Os adultos adoitan posuír unha coloración máis uniforme que a dos novos, aínda que menos intensa e dunha tonalidade máis ocre; no seu dorso poden existir bandas de cor amarela, transversais á dirección dos raios.

Segundo Moreau, nos exemplares novos as dúas primeiras aletas dorsais son dun fondo azulado atravesado por dúas bandas alaranxadas, agás a terceira aleta, que só posúe unha; as anais son vermellas, co bordo pardento, e na axila das pectorais adoita existir unha mancha negra diminuta.

Especies semellantes O abadexo pode ser facilmente confundido con outros membros moi próximos da familia dos bacallaus: o fogueiro ou burro (Melanogrammus aeglefinus), ou o carboeiro (Pollachius virens), pero existe unha serie de características que os diferencian. O fogueiro ten unha liña lateral recta de cor clara mentres que o abadexo posúe unha liña lateral escura, que se encontra curvada por riba da aleta pectoral. A mandíbula do carboeiro é bastante uniforme, mentres que o abadexo se caracteriza por presentar a mandíbula inferior saínte e sen barbelas no queixo, características propias dos gádidos, e por presentar tres aletas dorsais e dúas anais; as aletas pectorais son pequenas, e as abdominais, que son diminutas, están preto da gorxa.

Características principais Peso máximo: 14 kg. Peso medio (cerca da costa): uns 2,7 kg; no mar aberto, 4,5 kg. Lonxitude máxima: 1,30 m; xeralmente non chega a 1 m. Ciclo de vida: de 8 a 10 anos.

Distribución e ciclo vital Área de distribución A súa área de distribución esténdese polo océano Atlántico nororiental, desde as costas de Islandia e Noruega setentrional, polo norte, ata as costas norteafricanas, polo sur.Ver mapa de distribución en FishBase Mapa de distribución e imaxes. Abunda fronte as costas de Escocia, e é das especies máis costeiras desta familia.

Aínda que o abadexo é un peixe que procede do Atlántico norte, estendeuse por toda a costa galega, sobre todo polas zonas da Coruña, Vigo e Pontevedra. Atópase en abundancia sobre fondos de rocha aínda que non deixa de existir nos de area e noutros fondos chans de análoga natureza. Adoita verse preto da superficie cando hai bancos de peixes ós que persegue con insistencia.

A súa presenza en augas galegas foi citada por primeira vez por Cornide en 1788, como Gadus pollachius.Cornide, Joseph (1788) De Buen (1935) tamén o rexistra como G. pollachius, así como Steindachner en Lozano y Rey (en 1960), que o observou na Coruña e Vigo, e o propio Lozano y Rey, tamén en 1960, na Coruña, Pontevedra e Vigo. Xa co nome actual, Pollachius pollachius, cítanos Lens (1978) en Ribeira; Fernández el al. en Galicia (1978), e sobre fondos da plataforma continental desde o alfoz do Miño ata Fisterra (1979); Iglesias (1981), en polígonos de bateas mexilloeiras na ría de Arousa e Iglesias e González Gurriarán (1984) en polígonos de mexilloeiras na ría de Pontevedra.Solórzano et. al. (1988)

Bioloxía Demersal ou de zonas intermedias, vive en augas costeiras, os máis novos (curubelos) máis preto da beiramar, ata os 200 m de profundidade. Os individuos de gran tamaño viven en fondos altos, rochosos e abruptos en torno a illotes; os animais pequenos prefiren os fondos areosos, cerca do litoral. Conforme van crecendo, desprázanse a augas máis profundas, onde adoitan vivir cerca das rochas.

Os adultos so nadan en cardumes na época da reprodución.. Esta ocorre na primavera no sur de Noruega e no norte do mar do Norte, ao oeste e sur das illas Británicas e na Península Ibérica, a profundidades de entre 100 e 200 m. Os ovos e as larvas son peláxicos; os ovos eclosionan á semana da desova, e as crías peláxicas permanecen preto da costa durante 2 ou 3 anos, a miúdo en cardumes semellantes aos dos fogueiros.

A desova transcorre entre febreiro e maio, cando a auga está a unha temperatura de 8 a 10 °C. Cada femia pon até catro millóns de ovos. Os ovos flotan cerca da superficie á deriva nas capas superiores do mar; as larvas e crías aliméntanse de plancto na proximidade das costas, crecen ata unha lonxitude duns cantos centímetros e adoptan unha dieta de camaróns, cangrexos e outros crustáceos. Os abadexos novos fan migracións para estenderse por toda a costa.

Os abadexos adultos aliméntanse de peixes pequenos, como espadíns, lanzóns, xardas, arenques e sardiñas, que viven en augas de pouca profundidade, e de crustáceos peláxicos (camaróns etc). Os exemplares máis pequenos acostuman alimentarse de crías de bacallau, ás que acometen por sorpresa dende atrás. O seu método favorito de alimentarse é roldar, mirando cara a arriba entre as algas ou no medio de escollos, agardando nesta posición a que a marea lles traia o alimento, e raras veces descende ata o fondo para alimentarse de vermes, crustáceos e moluscos.

Pesca e consumo A súa carne é boa e fortemente coloreada, pero consérvase mal. As embarcacións comerciais pescan o abadexo con volantas (os grandes) e trasmallos (os corbelos), sendo tamén frecuente a pesca con liñas e corricán.

Considérase unha excelente peza de pesca deportiva, pois pode pescarse doadamente dende a beira con cana e liñas, e cando prende no anzol deféndese e nada buscando refuxio entre as rochas. Pola noite é facilmente atraído polas luces, feito aproveitado polos pescadores de xarda que o pescan por acometividade, con corricán.

Son unha parte importante das pesqueíras de Inglaterra e o Atlántico norte onde se extrae como pesca adicional nas do bacallau e o fogueiro. As capturas anuais europeas son dunhas 15 000 t.

A súa pesca está en perigo pola sobrepesca, tanto de adultos como de xuvenís. En Galicia, a venda total nas lonxas ascendeu a 302 113 kg en 2009.Pescadegalicia.com .

É un dos reis da caldeirada, no seu punto xusto de cocción. Pódese preparar tamén á romana e grellado, formando parte adoito das zarzuelas de peixe. Clasifícase dentro dos peixes brancos, polo seu baixo contido en graxa.

Orixe e difusión do nome miniatura|250px|Abadexo no Aquarium Finisterrae da Coruña. Abadexo é voz de orixe castelá, de onde pasou ás demais linguas peninsulares e deu no portugués badejo, en galego abadexo ou badexo, en asturiano abadexu e traducido ao catalán como capellà (de todas formas hai que facer notar que o capellà catalán non é o mesmo peixe que o castelán abadejo, que é exclusivamente atlántico, senón o nome doutras especies de gádidos de menor tamaño, como Gadus luscus, G. minutus e G. capelanus.Antón Santamarina, en notas etimolóxicas a badexo e curubelo, en Ríos Panisse, Op. cit. É un diminutivo de abad (abade, crego), e a súa relación semántica pódese explicar de dúas formas. A primeira, como variación do curadiño, que significaba "bacallau seco" e era o nome que recibía o bacallau en tempos de Cervantes, segundo consta no Quixote (I, 2): «A dita, acertou a ser venres aquel día, e non había en toda a venda senón unhas racións dun peixe que en Castela chaman abadexo, e na Andalucía bacallao, e noutras partes curadiño, e noutras troitela». A segunda posibilidade é que abadexo sexa unha evolución semiculta galego-luso-leonesa do baixo latín abbadagium, que era como se chamaba a contribución en especie que se pagaba aos abades e aos relixiosos. A primeira das dúas posibilidades é a que parece ter máis aceptación.

A primeira documentación da voz abadexo está no Vocabulario do Humanista de Palmireno, de 1569, onde figura como sinónimo de molva e está considerada palabra castelá (s.v. aselli). Ata a publicación do estudo sobre esta obra considerábase como primeira data de documentación a de 1582, nunha obra de santa Tareixa. Pola definición de abadexo que fixo o naturalista malagueño García de la Leña vese que a súa información é libresca: Abadexo ou bacallao: peixe común, coñecido baixo de moitos nomes; algúns distínguennos e téñennos por peixes distintos, por ser menos grosos e máis parduscos que o bacallau, en ter a cabeza máis delgada e longa, e outras pequenas diferenzas. Linneo pono co nome latino de "Gadus pollachius". Viera e Clavijo identifican o abadexo co Gadus pollachius de Linneo, e sinalan que "vulgarmente chamase tamén abade". A documentación da voz dende o século XVI é moi extensa, como consta no Diccionario Histórico.

A difusión actual da palabra é moi grande, ó ter correspondentes en todas as linguas peninsulares. Porén, na gran parte do litoral non é coñecida a especie ou o nome se aplica a outras especies. É voz común e xeral en todo o Cantábrico e en Galicia, mentres que en Andalucía só se coñece na costa gaditana.

Outras denominacións e homólogos estranxeiros