Christos Yannaras (tamén Giannaras; en ), nado en Atenas o 10 de abril de 1935 e finado na mesma cidade o 24 de agosto de 2024, foi un teólogo da Igrexa ortodoxa grega.
Traxectoria Formación Estudou filosofía e teoloxía en Atenas, Bonn e París. Doutor na Facultade de Letras da Sorbona e da Facultade de Teoloxía de Tesalónica. Foi membro da Academia Internacional de Ciencias Relixiosas. Foi tamén profesor emérito de filosofía no Instituto de Ciencias Políticas de Atenas.
Pensamento A fe non é unha certeza intelectual ou produto dun coñecemento obxectivo, é un acontecemento e unha experiencia de relación.
Critica a teoloxía da Igrexa católica por desterrar a Deus a un ámbito inaccesible á experiencia e por establecer unha separación entre relixión e vida. A teoloxía non debe ser un desenvolvemento teórico de axiomas e ideas, senón expresión e formulación dunha experiencia de vida que necesita unha linguaxe diferente á dos conceptos e informacións obxectivas.
A relación do home con Deus non é a dun suxeito e un obxecto senón unha relación persoal erótica; só se albisca un coñecemento de Deus deixándose penetrar polas enerxías divinas, mediante unha experiencia de unión coa divindade. Se se concibe a Deus como na escolástica, como a causa do universo, o mundo aparece como afastado de Deus, o que acaba conducindo á secularización, a un finalismo orientado á utilidade, ao asoballamento da natureza e da historia pola técnica, a un mundo, en definitiva, esgotado e consumido.
Fronte a isto cómpre recuperar a cosmoloxía dos Pais da Igrexa gregos que preserve de verdade a vida e estea ao servizo dela. A crise ambiental traduce a perda do sentido do cosmos como animado polo Espírito, e que, polo tanto, queda reducido a unha materia morta destinada á satisfacción dos propios desexos.
Yannaras ao igual que Pavel Florenskii fai fincapé na experiencia da beleza, pero aquela beleza que sinala alén de si mesma e que é un chamamento tráxico a unha plenitude de vida, que se recoñece como inalcanzábel.
Notas
Categoría:Teólogos ortodoxos Categoría:Nados en Atenas Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2024