La Voz de la Verdad foi un xornal editado en Lugo entre 1910 e 1937.

Historia Apareceu o 3 de outubro de 1910Teijeira & De la Torre (1997); p. 113 co subtítulo de Diario católico con censura eclesiástica, que cambiou por Diario católico antiliberal, e logo polo de Diario católico y antiliberal e a partir de 1920 cualifícase exclusivamente como Diario Católico. De tendencia católica, xorde por iniciativa das Damas de la Buena Prensa e co apoio de Acción Social Católica, organismo do que se fai portavoz.

En 1921 foi adquirido pola Editorial Católica Lucense e publicouse baixo censura eclesiástica, como toda a prensa confesional. En 1930 mercárono entre varios particulares aínda que, posteriormente, quedou como único propietario e director Luis Sánchez Arrieta.Teijeira & De la Torre (1997); p. 114 A maioría das novas que aparecen no xornal proceden da Agencia Católica de Prensa Asociada. Segue unha tradición antiliberal e tradicionalista e na II República, acabou converténdose no voceiro da CEDA.Teijeira & De la Torre (1997), p. 117

Foron os seus directores: Eugenio Zabala, Antonio Cedrón Grandas, Julio Pérez de Guerra, Ramón Robles Neira, Antonio Goyanes Pérez, Alfredo Lorenzo López, Jesús Cora Lira, Francisco Vázquez Saco, Luís Sánchez Arrieta, Fernando Pérez Barreiro e o derradeiro Xosé Trapero Pardo. Entre os seus redactores contouse Ramón Salgado Toimil; e como colaboradores, escribiron Francisco Varela Ouro, Rof Codina, Benigno Ledo e Amador Montenegro.

Cesou a súa publicación o 15 de xaneiro de 1937 polas dificultades económicas derivadas da guerra civil, ao non poder conseguir papel para continuar coa publicación. Tiña a redacción e a administración, na rúa San Pedro, nº 28;Teijeira & De la Torre (1997); p. 115 os talleres da imprenta estaban na rúa conde Pallares nº 9.Teijeira & De la Torre (1997); p. 117

Era o xornal competidor e contrario a El Progreso (liberal).Teijeira & De la Torre (1997); p. 116

Características Comezou cun formato saba con 4 páxinas a 5 columnas mais en 1931 mudou o formato a tamaño tabloide e aumentou a 8 páxinas. ao publicarse baixo censura eclesiástica, en ocasións, algúns exemplares presentan espazos en branco por mor desa censura.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Teijeira, Mari Paz; De la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-110-6.

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1910 en Galicia Categoría:Prensa católica