Leopoldo Durán Justo, nado en Penedo (Avión) en 1917 e finado en Vigo o 10 de abril de 2008, foi un crego católico e escritor galego.
Traxectoria Ordenouse sacerdote en Astorga en 1943 e doutorouse en teoloxía en Roma, en filosofía na Universidade Complutense de Madrid,onde impartiu clases, e en literatura inglesa no King's College de Londres, cunha tese sobre a figura do crego na narrativa de Graham Greene. Foi profesor de literatura, de filosofía e de teoloxía en varios seminarios maiores. Viviu en Inglaterra durante unha trintena de anos, e alí foi onde coñeceu, en 1972, o escritor sobre o que fixera a tese. A partir dese momento acompañou o escritor nas súas viaxes e estadías, tanto en Galicia e España como en Nisa e en Vevey, onde faleceu o novelista.
Patrón durante dous anos da fundación que levaba o nome do escritor, dise que a súa figura inspirou algunha das obras de Greene, como Monseñor Quijote, onde se retrata a emigración de Avión a México, se ben el negaba esa posibilidadeLeopoldo Durán, el cura confidente de Graham Greene, El País, 25/04/08.
En 2024 Aser Álvarez empezou a preparación dun proxecto sobre o escritor Graham Greene, a súa estadía na Galiza e a súa amizade co cura Leopoldo Durán.
Obras La crisis del sacerdote en Graham Greene ( 1974) Estudio sobre 'El poder y la gloria''' (1981) Miguel de Palacios: Un gran teólogo desconocido (1988) Graham Greene, friend and brother (1994) Graham Greene: An Intimate Portrait (1995) Los médicos y Graham Greene (1998). Soledades y sonetos terribles'' (2000)
Notas
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua inglesa Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados en Avión Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxesCategoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2008