A historia de Francia abrangue a historia de Francia e a dos seus estados predecesores. Tradicionalmente os historiadores remontan a fundación de Francia ao ano 486, data da conquista da parte máis grande da Galia por Clodoveo I, rei dos francos. O Reino Franco logo francés existiu sen interrupción dende esta época, o que o fai o estado máis vello de Europa. Se o nome de Francia foi empregado de xeito oficial só a partir de aproximadamente 1190, cando a chancelería do rei Philippe Auguste comezou a empregar o termo de rex Francie no sitio de rex Francorum para designar ao soberano, a palabra foi empregada xa correntemente para designar o conxunto do reino, como se ve na lectura do Cantar de Roldán, escrito un século antes. O termo de "Francia" é a continuación do de "Francie", nado no século IX para designar ao reino franco. Dende 1204, o territorio é designado nas cartas baixo o nome de regnum Francie, é dicir reino de Francia.Jacques Le Goff, Encyclopaedia universalis, « Capétiens » A ocupación humana do territorio que corresponde hoxe a Francia é moi antiga. Aos grupos presentes dende o paleolítico viñeron engadirse, ata o primeiro milenio, as ondas sucesivas compostas de poboación de celtas,Georges Duby, Histoire de la France des origines à nos jours, Larousse, In extenso. romanos, e pobos xermanos, entre os que destacaban os francos. A partir do comezo do segundo milenio a monarquía dos Capetos aseguraba a unidade territorial do país. O período revolucionario remata a súa unidade administrativa e política. O período contemporáneo caracterizouse polos esforzos de unificación cultural, por un enriquecemento do país e por unha chegada de millóns de inmigrantes de Europa, de África e de Asia que profundamente modificaron a estrutura da poboación.

Prehistoria Existen importantes restos do paleolítico inferior no río Somme e os Pireneos tradicionais (Home de Neandertal), así como na Chapelle-aux-Saints, Le Moustier e La Ferrassie. Do paleolítico superior hai abundantes vestixios dos homes de Cro-Magnon, Grimaldi e Chancelade, datados nuns 25 000 anos de antigüidade, os cales están situados no val de DordoñaCole, Robert (1989), pp.4. Entre as máis famosas pinturas rupestres do mundo están as de Lascaux e de Font de Gaume, nos Pireneos franceses.

No mesolítico algunhas actividades agropecuarias foron substituíndo en importancia ás covas, e no neolítico (desde o III milenio a. C.) xurdiu a cultura megalítica (que empregou menhires, dolmens e enterramentos). Desde ao redor de 1500 a. C. iníciase a Idade de bronce, desenvolvéndose rutas comerciais.

Atopáronse utensilios da industria acheulense do homo erectus na gruta Lle Vallonnet, no sur de Francia. A Idade de Ferro e as culturas celtas sitúanse dentro do I milenio a. C.

Idade Antiga

miniatura|A Galia e as súas divisións administrativas (58 a. C.). O que hoxe é Francia, antes foi coñecido co nome de Galia. A Galia estaba poboada polos galos, pobo celta de orixe indoeuropea. As súas fronteiras quedaron parcialmente establecidas polo norte co actual Canle da Mancha, polo oeste co Golfo de Biscaia (océano Atlántico), polo sur cos montes Pireneos e o mar Mediterráneo, e polo leste co río Rin (que o separaba da Xermania) e os montes Alpes (que o separaban de Italia).

Os celtas galos protagonizaron as civilizacións de La Téne e Vix. No sur da Galia establecéronse os gregos (xonios), quen fundaron Massalia (Marsella) e Agde, entre outras (s. VIII - VI a. C.).

Caio Xulio César venceu ao xefe galo Vercinxetórix no ano 51 a. C. pasando así a dominio formal do Imperio romano creando un colchón entre Roma e os pobos xermanos, que coas súas migracións acosaban Roma de forma periódica. Logo á súa vez produciuse un xenocidio que diminuíu considerablemente á poboación gala. Iso facilitou a rápida latinización, pero tamén a obra que non moito tempo despois empezaron a realizar os primeiros misioneiros cristiáns que progresaban expandíndose dentro das fronteiras do Imperio romano. Así, a maior parte da Galia celta non tardou en facerse latina e cristiá. Lugdunum (Lión) volveuse un importante centro relixioso cristián. A Galia latina e cristiá cada vez máis enriquecida, alcanzou importantes niveis culturais que sobrevivirían mesmo ás invasións bárbaras. Tempos despois da invasións bárbaras os xermanos volvéronse latinos e houbo a necesidade de declarar a guerra aos pobos xermanos.

Idade Media

left|miniatura|upright=1.3|A ampliación territorial dos francos entre 481 e 814. miniatura|upright|Carlomagno segundo unha ilustración de Albrecht Dürer (1511). A nación de Francia non aparece máis que moi progresivamente ao longo dos séculos. Algúns consideran que non se pode falar de Francia máis que a partir do Tratado de Verdún, que sería tamén a orixe de Alemaña; outros que a partir do acceso de Hugo Capeto ao poder e algún outro mesmo máis tarde. A tradición das escolas primarias en Francia, remontan a orixe do país á unificación dos francos, de modo que a Francia de hoxe é herdeira do reino franco de Clodoveo, e existe sen descontinuidade desde o ano 486 ata os nosos días, onde francos, burgundios, viquingos (normandos), e tamén britans (bretóns), fundíronse cos galos no crisol que hoxe se chama Francia.

Sobre os territorios que compoñían a Francia da Idade Media reinaron as seguintes dinastías:

Os Merovinxios, descendentes de Meroveo e Clodoveo. Os Carolinxios, descendentes de Carlos Martel. Os Capetos, e as súas ramas secundarias os Valois e os Borbóns, descendentes de Hugo Capeto.

A Dinastía Merovinxia gobernou a actual Francia e parte de Alemaña entre os séculos V e VIII. O primeiro rei foi Clodoveo I quen conquistou gran parte do territorio galo entre 486(en francés) Clovis dans l'Histoire de France , Lycée Polyvalent Privé Le Rebours, URL último acceso o 15/04/2008 e 507; e converteuse ao cristianismo ortodoxo (por oposición á herexía ariana), sendo bautizado en Reims cara ao 496A cronoloxía do reino de Clodoveo I é incerta, en vista da mediocridade das fontes históricas. Esta data baséase na Historia Francorum, libro II de Grégoire de Tours, pero é discutida na actualidade (Lucien Musset, Les Invasions, les vagues germaniques, PUF, collection Nouvelle Clio – a historia e os seus problemas, París, 1965, 2.ª edición 1969, p 390-391) obtendo o apoio das elites galo-romanas e establecendo un importante lazo histórico entre a coroa francesa e a Igrexa católica.

En época dos merovinxios, desapareceu a noción de Estado (ou sexa o «ben público» herdado da Roma antiga), unha institución descoñecida entre os pobos xermanos e impera a confusión entre os bens do tesouro do estado e os bens privados do soberano. Isto provocou que á morte dun rei, o reino era dividido entre cada un dos seus fillos. Non será ata moito máis tarde cando se recupere o Dereito romano e aumente o poder do monarca para que renaza a noción de Estado e a monarquía sexa hereditaria.

Aínda que se instaurou unha división política entre o oeste (Neustria) e o leste (Austrasia), o nome da Galia seguiu usándose entre os cristiáns ata a dinastía seguinte dos Carolinxios. Ao final da época merovinxia, os reis perderan a maioría da súa poder, mentres que os «mordomos de palacio», aristócratas francos, dirixían os asuntos do reino.

Despois da dinastía Merovinxia, sucederíalle a Dinastía Carolinxia, cando Carlos Martel, vencedor fronte aos árabes, erixiuse en dono do reino dos merovinxios; o seu sucesor Pipino o Breve, obtivo o consentimento do Papa para destituír aos merovinxios e erixirse no primeiro rei da dinastía en 751, e conquistou terras lombardas creando con eles os Estados da Igrexa, tamén coñecidos como os Estados Pontificios ou "Patrimonio de San Pedro", pois llos doou ao Papa e declárase ao mesmo tempo garante dos mesmosG. Bührer-Thierry, L'Europe carolingienne (714-888), 1999, p.19. Durante a Idade Media, a primeira unión política duradeira (as anteriores foron máis ben efémeras) realizouse con Carlomagno, quen ademais conquistou outras terras formando un Imperio, que logo os seus netos dividiron. No período carolinxio produciuse un notable desenvolvemento das artes e a letras, que se coñece como o "Renacemento Carolinxio".

miniatura|upright|Xoana de Arco, unha das figuras clave da Guerra dos Cen Anos. A Dinastía dos Capetos (ou Capeta) chegou a gobernar Francia, que se foi subdividendo sucesivamente cada vez máis, característica que se denominou "Feudalismo clásico". En todo este período o rei houbo de enfrontarse continuamente aos demais nobres do seu reino, en teoría os seus vasalos, pero que ás veces adquirían demasiado poder como para desafiar abertamente a autoridade real. Neste período producíronse as Cruzadas e a Guerra dos Cen Anos. Francia inventou a arte gótica, e houbo tempo no que con toda Europa foi vítima da peste bubónica, epidemia que foi chamada a "Peste negra". Tamén participou do Humanismo que sería precursor do Renacemento.

Idade Moderna

miniatura|left|Francia en 1477.

Tras o final da Idade Media, Francia experimenta a súa consolidación como nación. As Guerras de relixión de Francia dominan a vida do país desde o século XVI pacificándose internamente co Edicto de Nantes (a paz exterior non chegaría senón ata a primeira metade do XVII, cando se celebra a Paz de Westfalia).

Na primeira parte do século XVI, o rei francés Francisco I, enfrontouse ao rei Carlos I de España, quen por coincidencia dinástica era ao mesmo tempo Carlos V do Sacro Imperio Romano. Desta maneira quedaron abertamente enfrontadas a Casa de Borbón e a Casa dos Austria, e nos campos de Italia e dos Países Baixos disputáronse o dominio de Europa. Pola súa banda Henrique II, sucesor de Francisco I non dubidou en aliarse cos turcos para continuar a loita do seu pai.

Francia participa do auxe dos descubrimentos xeográficos particularmente no novo mundo. Na actividade intelectual, Descartes marcou decisivamente a orientación do pensamento occidental co seu Racionalismo. Lois XIII (1610-1646) e o seu ministro o Cardeal Richelieu dirixiron a Francia durante a súa intervención na Guerra dos Trinta Anos, arruinando os dominios e influencia da Casa de Austria. A Lois XIII e Richelieu, seguíronlles a rexencia e Mazarino, e logo Lois XIV, con quen Francia daría a coñecer ao mundo todo o seu esplendor. miniatura|upright|right|Denis Diderot, impulsor de L'Encyclopédie xunto a D'Alembert. Retrato de Louis-Michel van Loo, 1767. O século XVII está marcado pola instauración da "Monarquía absoluta" ou "Absolutismo", que se consolida a través de Lois XIV, o "Rei Sol". O intento de imitación ou copia en que se empeñaron os pobos veciños e os seus gobernantes pola admiración e influxo que Francia producía conduciu á chegada do chamado "Despotismo ilustrado". A presión que producía o poder de Francia conduciu a guerras con todos os seus veciños os cales se aliaban entre si para conseguir enfrontárselle e conterlle. Sucedeulle Lois XV, e Lois XVI. Desde finais do século e durante todo o seguinte o país foi epicentro de tendencias intelectuais que se coñecen baixo o termo da Ilustración, antesala da Revolución francesa e a Revolución industrial. Este movemento de grande influencia nas ciencias e as artes, tivo como principais representantes intelectuais aos enciclopedistas Denis Diderot e D'Alembert así como aos filósofos Jean-Jacques Rousseau e Voltaire. O influxo dos ideais revolucionarios motivaría fondas transformacións de grandes consecuencias no mundo enteiro.

Revolución francesa

miniatura|Mapa da Primeira República Francesa