Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos é o primeiro disco do grupo Ataque Escampe, publicado no 2007. Está dispoñible en formato mp3, descargable de balde na páxina do selo.

Inclúe cinco temas gravados en estudio en decembro de 2006 (cara A), con Benxamín Otero como técnico de son.

A cara B consta de tres temas gravados ao vivo na sala Uf de Vigo, o 2 de xuño de 2006 en mini-disc, con arranxos de Benxamín Otero.

Os temas están interpretados por Roi Vidal, Miguel Mosqueira, Samuel Solleiro e Alex Charlón, coa colaboración de Iago Mouriño (piano e hammond).

As composicións son do grupo, agás o tema "Mira" (sobre un poema de Chus Pato) e "Rock de serie B" (versión da canción «Hey Hey, My My (Into the Black)» de Neil Young).

Lista de cancións Cara A "Ourizo" "Tango do sintasol" "Móbel-bar" "Afganistán canto" "Ana e o caracol" Serie B (ao vivo no Café Uf, Vigo) "Verdadeiro muro de Berlín" "Mira" "Rock de serie B"

Véxase tamén Outros artigos A Regueifa Plataforma

Categoría:Álbums de Ataque Escampe Categoría:Álbums musicais de 2007