El Hormiguero é un programa de televisión español con espectadores en directo que se centra na comedia, a ciencia e a actualidade. Comezouse a emitir en setembro do 2006 nas tardes do domingo; na actualidade emítese de luns a xoves á noite e os sábados (programa resumo dos mellores momentos). Está presentado e dirixido por Pablo Motos e emítese en Antena 3 (anteriormente en Cuatro), unha canle de televisión española. O programa conta coas colaboracións de Luis Piedrahita(sección de monólogos), Raquel Martos (sección Pillería si, Delincuencia non adicada ó aforro e sección Vaise liar parda sobre a guerra de sexos), Flipy O Científico Tolo (sección de ciencia), Juan e Damián (sección O quiosco), Jandro (sección Experto en...), Marron (seccións Efecto mariposa e Supervivencia) e as marionetas formiga Trancas e Barrancas. Tivo un grande éxito cun índice de audiencia alto, e ampliouse ligando un programa dominical de 120 minutos e un programa diario (de luns a venres) de 40 minutos na súa terceira tempada, que comezou o 17 de setembro do 2007El Hormiguero pasará a ser diarioTrancas: "Hace falta que fichemos a una hormiga con un buen culo".

El Hormiguero bateu o seu récord de audiencia o 21 de abril de 2009 coa visita de Hannah Montana, ao ser visto por 2 833 000 espectadores, o que lle reportou unha cota de pantalla do 16,2%Novo récord de audiencia coa visita de Hannah Montana. O récord anterior databa do 12 de marzo de 2008, día no que o programa contou coa presenza de David Batista, antigo Campión Mundial de Pesos Pesados, da WWE, alcanzando os 2 731 000 espectadores e un share máximo do 14.6%El hormiguero bate su máximo de audiencia con la visita de Batista.

Colaboradores

Colaboradores actuais Trancas: É unha das formigas. Presenta o programa xunto con Pablo Motos e as súas compañeiras Barrancas e Petancas. Ponlle voz e movemento Juan Ibáñez Pérez. Propón ao convidado diferentes xogos. Barrancas: É unha das formigas. Presenta o programa xunto con Pablo Motos e as súas compañeiras Trancas e Petancas. Ponlle voz e movemento Damián Mollá. El e Trancas fan diversas preguntas ao convidado e propóñenlle xogos. Petancas: É unha das formigas. Sal de vez en cando no programa xunto con Barrancas e Pablo Motos. Marrón: Realiza a sección de ciencia, antes dirixida por Flipy, e as películas ou series convertidas en musicais. Ao inicio das súas aparicións, sempre realizaba un curioso baile acompañado por Pablo Motos, pero xa non o fai. Antes realizaba as seccións "Maestro empanado", "Efecto mariposa", "Supervivencia", "Toma buena" e "Medicina show". Jandro: É "El experto en todo". Preciase de ser o experto na materia da que trate a ocupación do convidado e proponlle ideas descabeladas en forma de obxectos extravagantes e estraños sen ningún sentido. Sempre di ser o maior fan do convidado. Tamén fai de vez en cando maxia, e ten unha sección mensual con Yunque. Ademais facía cámaras ocultas a nenos. Juan Ibáñez Pérez: Dirixe en colaboración con Damián Mollá. Actualmente fai a sección "Guía de supervivencia para parejas". Pon voz e movemento a Trancas e a Petancas. Damián Mollá: Dirixe en colaboración con Juan Ibáñez Pérez. Actualmente fai a sección "Guía de supervivencia para parejas". Pon voz e movemento a Barrancas. Luis Piedrahíta: Presenta a sección "Timadores al descubierto" e "¿A quién va usted a creer?". Tamén fai trucos de maxia. Yunque: Ten unha sección mensual con Jandro na que fan maxia. Marta Hazas: Presenta a sección Idehazas. Sergio Fernández Meléndez El Monaguillo: Presenta a sección Ingenio Japonés. Tras varios intentos, finalmente consegue que o 27 de xuño de 2017 o renove durante unha tempada. Ana Morgade: Presenta a sección Lo último de Internet. Pilar Rubio: Presenta a sección Los retos de Pilar. Dani Rovira: Presenta a sección Amores perrunos. Manuel Sarriá: Presenta a sección La ruleta loca. Anteriormente facíao con Las cajas de Manolo. Yibing Cao: Presenta a sección Descubriendo China. e presenta as curiosidades máis raras da República Popular China. Substitúe a Anna Simon, tras a súa ausencia debido a súa apertada axenda, pero ao final gañouse un oco no programa. Ernesto Sevilla: Presenta unha sección na que fala dalgún tema. Anteriormente facíao con A mi manera. Cristina Pardo: Presenta a sección Podría ser peor. Nuria Roca: Presenta a sección Nuria on the rocks. Jesús Manzano: Colabora na sección "¿A quién va usted a creer?" xunto a un amigo, Luis Piedrahíta. Anteriormente presentaba monólogos. Carlos Latre: Presenta a sección El teléfono escacharrado con imitaciones. Dani Fontecha: Presenta a sección Don Rogelio. Anteriormente presentaba monólogos. Cristina Pedroche: Presenta a sección Patentes Pedroche. Anteriormente facíao con Cristina, Pedroche y acción. Antonio Resines: Presenta a sección El juez Resines. Sergio González "Suko": Presenta a sección El espía tecnológico onde demostra que Internet coñece todos os nosos datos do que os móbiles nos espían.

Antigos colaboradores Flipy: Realizou a sección da ciencia todos os lunes a xoves ata 2010. O antigo científico tolo que protagonizaba a sección de ciencia do programa. Era un dos colaboradores principais e facía experimentos a diario, ás veces moi complicados, coa axuda de Pablo e os convidados da noite. De vez en cando disfrazábase de muller e actuaba baixo o nome de "Flipa", no papel da súa irmá. Flipa facía o mesmo que Flipy, aínda que sempre se entusiasmaba cos convidados guapos que pasaban polo programa. Levaba unha carpeta recuberta con fotos de famosos. Actualmente, Flipy marchou do programa, abandonando a estes dous personaxes, e Marron sustituíuno. Toño Tejerina (Toño): El Diablo sobre Ruedas", antigo monologuista. Cos seus monólogos demostraba que, incluso nun estado de mobilidade reducida, xamais perde o soriso e o sentido do humor. Raquel Martos: Realizaba seccións como Se va a liar parda o Hashtag luego entre outras. Carlos Jean: Realizaba a sección musical El plan B. David Rubio: Guionista que mensualmente presentaba monólogos. Elsa Punset: Impartía leccións de como ser feliz. Silvia Abril: Facía a sección de cociña. Sergi Mas: Recopilaba as novas máis curiosas da prensa. Anna Simon: Realizaba as seccións Las formas más originales de... e Juega en casa. Los Chunguitos: Realizaban a sección Chunguicine onde comentaban as últimas estreas de cine. El Hombre de Negro: Colaboraba na preparación ou execución de experimentos na sección de ciencia. A partir da cuarta tempda realiza a sección Arte a lo bestia. Coñecido por ser moi sinestro, frío e calado e vestir sempre gabardina negra, botas e lentes de sol, evocando a estética de personaxes da saga fílmica Matrix. Obxecto de admiración das formigas, pero á vez de burla, ás cales ás veces contan chistes sobre el. Irmán de Juan Ibáñez Pérez. En marzo de 2017 abandonou o programa. Mario Vaquerizo: representante, escritor, cantante e colaborador de radio e televisión. Casado con Alaska. Agustín Jiménez: Guionista que mensualmente presentaba monólogos. Mónica Cruz: Participou como colaboradora na 12ª temporada do programa. A súa sección chamábase Mónica cool onde ensinaba como sobrevivir ás últimas tendencias. C.J.: Foi unha formiga, filla de Trancas. Presentou o programa xunto con Pablo Motos, Trancas e as súas compañeiras Barrancas e Petancas. Tratábase do fillo de Trancas. Foi característico pola súa unicella, a súa divertida maneira de interromper a Pablo ademais do seu costume de golpear a cabeza coa mesa cando se poñía nervioso. Emilio Aragón: Presentaba a sección Covers, na que facía versións sorprendentes de cancións de todos os tempos. Mario Alonso Puig: Médico especialista en cirurxía xeral e do aparato dixestivo. Axudaba a entender mellor o corpo humano por dentro. Carles Torrecilla: Profesor de economía da ESADE. Axudaba a entender mellor a economía. Patricia Montero: Presentaba a sección La última superviviente, na que daba claves para superar situacións límite. Markus Oberhauser: Como o reporteiro alemán Wolfgang Maier, realizou a sección El español del año e diversas entrevistas a pé de rúa. Javier Botet: Actor que interpretaba á criatura Gresky. Rubén Prieto: Presentaba a sección El gallego sin miedo. Los swingvergüenzas (guionistas do programa). Karlos Arguiñano: Presentaba a sección El teléfono rojo. Álex Clavero: Guionista que mensualmente presentaba monólogos. J.J. Vaquero: Guionista que mensualmente presentaba monólogos Juan del Val: Guionista de varias seccións do programa. Aparece de maneira esporádica durante as intervencións de Nuria Roca e participa no programa como tertuliano. Santiago Segura: Participa no programa como tertuliano. Realizaba seccións como Torrente 5: El casting ou Hay una bronca para ti. Jorge Salvador: É o director do programa. Realiza a sección Momentos y anécdotas vividas en El Hormiguero.

Tempadas e programas Tempada Canle Programas Estrea Final Audiencia media Espectadores Cota 1.ª Cuatro 35 24 de setembro de 2006 3 de xuño de 2007 1.127.000 9,7% 2.ª 152 17 de setembro de 2007 9 de xuño de 2008 1.747.000 9,7% 3.ª 201 1 de setembro de 2008 29 de xuño de 2009 1.988.000 11,0% 4.ª 169 31 de agosto de 2009 7 de xullo de 2010 1.610.000 8,7% 5.ª 164 26 de agosto de 2010 30 de xuño de 2011 1.517.000 8,1% 6.ª Antena 3 166 5 de setembro de 2011 12 de xullo de 2012 2.199.000 11,3% 7.ª 162 3 de setembro de 2012 4 de xullo de 2013 2.254.000 11,2% 8.ª 170 2 de setembro de 2013 17 de xullo de 2014 2.451.000 12,8% 9.ª 164 1 de setembro de 2014 9 de xullo de 2015 2.609.000 13,5% 10.ª 161 31 de agosto de 2015 11 de xullo de 2016 2.887.000 15,4% 11.ª 159 5 de setembro de 2016 5 de xullo de 2017 2.696.000 14,8% 12.ª 161 4 de setembro de 2017 5 de xullo de 2018 2.783.000 15,0% 13.ª 163 3 de setembro de 2018 3 de xullo de 2019 2.561.000 14,4% 14.ª 162 2 de setembro de 2019 2 de xullo de 2020 2.408.00013,9% 15.ª TBA 7 de setembro de 2020 TBA Total 2006

thumb|right|250px|Pablo Motos xunto ás formigas Trancas e Barrancas no plató do programa El hormiguero durante a sección "Hormiguero Nius".

Programas máis vistos 30 de xaneiro de 2017: O programa contou coa primeira aparición pública da cantante Isabel Pantoja, 10 meses despois do seu paso por prisión, conseguindo así o seu máximo histórico de audiencia con 4.783.000 espectadores e un 23,8% de cota de pantalla. A entrevista conseguiu o minuto de ouro do día ás 22:54 horas, con 5.996.000 espectadores e un 30% de cota. 1 de decembro de 2011: Momento máis visto da tempada, cos participantes de Tu cara me suena: Angy Fernández, Santiago Segura, Mónica Naranjo e Julio José Iglesias, Jr. cuxa edición chegou a congregar a 4.709.000 espectadores ás 22:22 horas. 10 de outubro de 2019: Con Santiago Abascal Conde. Con 4.049.000 espectadores e o 23,5% de cota logra ser o seu terceiro programa máis visto da historia e o segundo coa mellor cota. 26 de febreiro de 2018: Con Amaia e Alfred García. 29 de novembro de 2010: Con Justin Bieber. 21 de abril de 2009: Con Miley Cyrus. 9 de novembro de 2009: Con Shakira. 24 de febreiro de 2010: Con Mel Gibson no seu programa 500. 13 de abril de 2010: Con Selena Gomez. 23 de xaneiro de 2013: Con Taylor Swift. 16 de novembro de 2015: O programa rebasa por primeira vez os catro millóns de espectadores (4.172.000) coa visita de Bertín Osborne e consegue a terceira mellor marca da súa historia (20,4%). 7 de abril de 2015: Consegue ata ese momento o seu récord histórico, coa visita de Isabel Preysler ao programa. O espazo alcanzou 3.855.000 espectadores cun 19,4% de cota de audiencia. 24 de marzo de 2015: Obtivo o récord histórico de espectadores (ata ese momento), coa quinta visita de Will Smith ao programa, que esta vez se trasladou a Londres para promover a película Focus xunto á actriz Margot Robbie. O espazo logrou 3.697.000 espectadores cun 17,5% de cota de audiencia.