Aage Niels Bohr, nado en Copenhaguen en 1922 e finado en 2009, foi un físico dinamarqués galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1975 polos seus estudos sobre os nucleóns.

Traxectoria Naceu o 19 de xuño de 1922 na capital dinamarquesa, Copenhaguen, fillo do tamén físico Niels Bohr, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1922.

Creceu xunto a Wolfgang Pauli e Werner Heisenberg, e estudou física nuclear no 1940 na Universidade de Copenhaguen, meses despois da ocupación nazi de Dinamarca. En 1943 a súa familia fuxiu do seu país refuxiándose en Suecia, trasladándose posteriormente ata Inglaterra. Alá Niels Bohr tivo coñecemento do Proxecto Manhattan sobre a bomba atómica, e foi invitado a participar no proxecto por parte de Robert Oppenheimer, trasladándose así toda a familia aos Estados Unidos o 6 de decembro de 1943. rematar a segunda guerra mundial volveu ao seu país, sendo membro asociado do Instituto Niels Bohr, dedicado á investigación en física teórica da Universidade de Copenhaguen, no ano 1946, e sendo o seu director entre 1963 e 1970.

Procura científica A partir de 1948 traballou cos físicos norteamericanos Ben Roy Mottelson e Leo James Rainwater ao redor do estrutura nuclear, e especialmente na estrutura do núcleo atómico. Esta investigación permitiu aos investigadores describir a mecánica cuántica do nucleón.

En 1975 os tres científicos foron galardoados co Premio Nobel de Física polas súas investigacións na descrición cuántica dos nucleóns.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1975

Categoría:Físicos de Dinamarca Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Alumnos da Universidade de Copenhague Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Premios Nobel de Dinamarca