O Ourense Fútbol Sala é un club deportivo da cidade galega de Ourense adicado ó fútbol sala, fundado en 1981, que competiu durante 8 tempadas na Primeira División da LNFS, a última delas a 2001-02, acadando como mellor resultado un 5º posto na táboa de Primeira División en 2000-01. O club competiu coas denominacións "Academia Postal", "Forum Ourense" e "Coinasa Ourense" por razóns de patrocinio.
No ano 2009 o club non conseguiu inscribir ó equipo sénior na Segunda División B por ausencia de cartosEl Ourense no saldrá en Primera A , La Región, 4/9/2009., e estivo a piques de desaparecer. Dende entón o Ourense FS compite tan só en categorías autonómicas inferiores.
Historial En Liga 8 tempadas en División de Honra (103 vitorias, 39 empates, 126 derrotas) TempadaPosiciónPlayOffs 2001-02 15º - 2000-01 5º Cuartofinalista 1999-00 7º Cuartofinalista 1998-99 - - 1997-98 16º - 1996-97 8º Cuartofinalista 1995-96 7º Cuartofinalista 1994-95 9º - Gr.Par - 1993-94 10º - Gr.Par - 7 tempadas en División de Prata Campión en 1998-99 (ascenso) 3 tempadas en Primeira Nacional A Campión en 1992-93 (ascenso) 1 tempada en Primeira Nacional B Campión en 1990-91 (ascenso)
Na Copa Xunta 3 veces campión da Copa Xunta: 1997-98, 1999-00, 2000-01
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre o Ourense FS na súa última tempada en División de Honra (2001/02) Resultados do equipo xuvenil en SigueTuLiga Facebook do Coinasa Ourense FS Cadro de xogadores na última tempada do Ourense FS en Segunda División (2007-08) Twitter do Coinasa Ourense FS
Categoría:Equipos de fútbol sala de Galicia Categoría:Deporte en Ourense