Xosé Manuel Vélez Latorre, nado en Ourense en 1963, é un poeta e latinista galego.
Biografía Estudou Filoloxía clásica na Universidade de Salamanca e Filoloxía xermánica na de Würtzburg (Alemaña). Actualmente exerce como profesor de latín no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Tamén é crítico literario na prensa galega.
Obra Iniciou a súa obra poética con Ritos de auga (1993), co que gañou o II Premio de poesía Martín Codax. Este poemario continúa a liña de Gonzalo Navaza en Fábrica íntima, de continuas referencias ao mundo greco-latino e de forte presenza da metaliteratura, referencias continuas e citas explícitas.
En Contra saudade (1996, accésit do Premio de poesía Miguel González Garcés), o seu segundo poemario, fai unha reflexión sobre a saudade.
En xeral, a súa poesía caracterízase polo cultismo, a narratividade, o distanciamento entre autor e voz poética, os xogos irónicos e o simbolismo.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do autor na Editorial Galaxia
Categoría: Escritores en lingua galega Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Poetas de Galicia Categoría: Nados en Ourense Categoría: Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría: Nados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes