Casiopea (en grego antigo Κασσιέπεια o Κασσιόπεια) era na mitoloxía grega a esposa do rei Cefeo de Etiopía e nai con el de Andrómeda, cuxa beleza ela enxalzaba por encima da das Nereidas. Este orgullo foi a causa de todas as súas desgrazas, pois Poseidón enviou un monstro ao país que devastou as súas terras, e ao que Andrómeda ía ser sacrificada cando foi salvada por PerseoHixinio, Fábulas 64.. De acordo con outras fontes Casiopea alardeaba de superar ás Nereidas en beleza, e por esta razón representábase, cando era situada entre as estrelas, como volta de costasArato, Fenómenos 187 y sig.; Manilio, Astronómica i.355..
Notas
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega