Os mártires do mar, a represión franquista contra os mariñeiros galegos foi unha exposición itinerante organizada pola Consellería de Cultura e Deporte co gallo do Ano da Memoria (2006). A mesma consistiu nunha serie de paneis explicativos nos que se informaba sobre a represión do levantamento fascista contra o tecido asociativo mariñeiro durante a guerra civil. A exposición albergouse no interior do Barco da Memoria, o Hidria Segundo, o cal percorreu a costa galega dende o 17 de xullo ata o 8 de setembro de 2006. A exposición visitou as vilas de Cambados, Moaña, Baiona, Marín, O Grove, A Illa de Arousa, Rianxo, Cabo de Cruz, Ribeira, Portosín, Muros, A Coruña, Mugardos, Ferrol, Cangas, Raxó, Vigo e Vilagarcía.
Baixo o título O Barco da Memoria realizouse tamén un documental para televisión nunha coprodución entre TVG e Saga TV. Foi dirixido por Marcos Gallego baseada no proxecto do comisario da exposición, Dionisio Pereira. A súa estrea tivo lugar na biblioteca de Pontevedra o 8 de xaneiro de 2007. Foi emitido tamén vía satélite e a través de Internet o 17 de febreiro de 2007.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos O Barco da Memoria Asalto do bou Eva Ligazóns externas
Categoría:Século XX en Galicia Categoría:Exposicións en Galicia Categoría:2006 en Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes