Para o político, vexa Robert Schuman.
Robert Alexander Schumann, nado en Zwickau (Saxonia) o 8 de xuño de 1810 e finado en Endenich (Bonn) o 29 de xullo de 1856, foi un compositor alemán da época do romanticismo e un dos músicos de maior sona na primeira metade do século XIX.
Traxectoria De neno Schumann amosou as súas dotes musicais, aos 7 anos fixo as súas primeiras composicións. Preto de 1830 desexaba converterse nun virtuoso e admiraba a execución dos mais renomeados concertistas do seu tempo, como Paganini e Liszt. Schumann, de gran talento como pianista, empregouse a fondo nesa tarefa pero quixo o azar que deixara este camiño e fora finalmente un dos máis grandes compositores do seu século.
Hai varias historias de como mancou Schumann a súa man dereita en 1830, sendo a máis aceptada a que conta que para fortalecer o cuarto dedo discorreu un aparato que, de feito, o que fixo foi inutilizalo completamente. Outras fontes citan a cirurxía errada e, tamén, os efectos secundarios da medicación para sífilis.
Deste ou doutro xeito, as esperanzas de Robert Schumann de arremedar aos virtuosos ou chegar a destacar como concertista, esvaecéronse.
Obra Obras pra piano Papillons, Op. 2 Estudios sinfónicos Op. 13 Entroido Op. 9 Sonatas (3) Kinderszenen Op. 15 Fantasía Op.17 Toccata Op.7 Fantasiestücke Op. 12 Kreisleriana, op. 16 Humoresca Op. 20 Novelletten, Op. 21 Entroido de Viena Op. 26 Arabeske, Op. 18 Davidsbündlertänze, Op. 6 Álbum para mocidade Op. 68
Concertos Concerto pra piano Konzertstück pra catro trompas Introdución e Allegro-Appassionato para piano Concerto para violonchelo Concerto para violín
Obras orquestrais Sinfonías (4) Abertura
Música de cámara Cuartetos para cordas (3) Cuarteto para piano Quinteto para piano Fantasías para piano, violín e violonchelo Andante e variacións para dous pianos Tríos para piano e cordas (3) Fantasías para clarinete e piano Cinco pezas populares para piano e violonchelo Romances para óboe e piano Märchenbilder para piano e viola Sonatas para piano e violín (2) Märchenerzählungen para clarinete, viola e piano
Música vocal Moitas cancións e obras corais acompañadas de piano ou de orquestra, entre as que se atopan: Dichterliebe, Op. 48 (16) Gedichte, Op 35 (12) Myrten, Op. 25 Lieder-Album für die Jugend, Op.79 Szenen aus Goethes Faust soulaiman kacha
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1810 Categoría:Nados en Zwickau Categoría:Finados en 1856 Categoría:Músicos de Alemaña Categoría:Compositores do Romanticismo de Alemaña