José Carlos Pita López, nado en 1940, é un político galego. Foi o primeiro alcalde que tivo o concello de Neda trala aprobación da Constitución de 1978.
Traxectoria Técnico de AstanoEntrevista en La Voz de Galicia Ferrol, 3-6-1993, p.41. e militante do Partido Comunista de Galicia, foi elixido alcalde nas eleccións municipais de 1979 por Agrupación Democrática de Neda Independiente coa que conseguiu maioría simple, repetindo con amplas maiorías absolutas na eleccións de 1983 e 1987. En 1991, el e o equipo de goberno, foron fichados polo PSdeG-PSOE, acadando dúas maiorías absolutas en 1991 e 1995. En 1999, Pita e o seu partido, perden a maioría absoluta e botan man do edil de Esquerda Unida para conservar a alcaldía. Foi deputado provincial entre 2002 e 2003. Nas eleccións de 2003 perde dous concelleiros máis, pero logra a alcaldía ó ser o máis votado, gobernando de novo con Esquerda Unida. Finalmente nas municipais de 2007 cos resultados máis pobres da súa historia deixou de ser o alcalde máis antigo, xunto ó seu homólogo de Fene (Xosé María Rivera Arnoso), dos concellos da ría de Ferrol.
Vida persoal Casou e tivo 3 fillos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Neda
Categoría:Alcaldes de Neda Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1940