Pregúntalle ao vento (en ) é un filme estadounidense do ano 2006. É un drama dirixido por Robert Towne, adaptado do libro Ask the Dust de John Fante. Estreouse en galego na TVG o 10 de xuño de 2009.
Sinopse
Arturo Bandini soña con converterse nun escritor famoso nos Ánxeles (California) a comezos da década de 1930, durante a Gran Depresión. No intento de escribir algo, hospédase nun cuarto barato dun hostal, pero o plan vólvese un fracaso: os cartos acábanse e non consegue publicar nada. Entón coñece a Camilla Lopez, unha camareira mexicana que soña con conseguir un bo marido e deixar o emprego. Xuntos viven unha relación turbia, baseada no desexo, os celos e o desprezo.
Porén, hai bastantes diferenzas respecto á novela orixinal. Arturo e Camila van vivir a unha casa á beira da praia, e Camila morre logo dunha longa enfermidade. A relación entre Camila e Sammy non está tan desenvolvida, porén, Camila e Arturo son parella durante un tempo.
Personaxes Colin Farrell como Arturo Bandini Salma Hayek como Camilla Lopez Donald Sutherland como Hellfrick Eileen Atkins como Mrs. Hargraves Idina Menzel como Vera Rivkin Justin Kirk como Sammy Dion Basco como Patricio/houseboy Jeremy Crutchley como Solomon William Mapother como Bill Tamara Craig Thomas como Sally
Notas
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes producidos por Tom Cruise Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes de Cruise/Wagner Productions Categoría:Filmes de Paramount Vantage Categoría:Filmes rodados en Suráfrica Categoría:Filmes ambientados en 1933 Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego