O monte Olimpo é a montaña de maior elevación na illa mediterránea de Chipre, cunha altura de 1.953 metros sobre o nivel do mar.

Xeografía O Olimpo chipriota forma parte da cadea dos montes Troodos e érguese máis ou menos no centro-oeste da illa. O pico máis alto da montaña, denominado Chionistra, está case por completo ocupado polas instalacións de telecomunicacións e radar do exército chipriota e do Reino Unido, consonte ao Tratado de Independencia asinado no 1960.

Ascensión É posíbel ascender seguindo a estrada que sobe polo monte, ou ben a pé a través dun val no que se poden observar algunhas fervenzas. Nas proximidades do monte radica o famoso mosteiro de Kykkos.

Instalacións de esquí No inverno, entre o mes de xaneiro e o de marzo, con algunhas precipitacións é posíbel esquiar nas catro pistas do Olimpo, ás que se chega desde a estrada que sae desde a aldea de Troodos.

Nota O Olimpo mitolóxico da Grecia Antiga está inspirado por outro monte homónimo, o Olimpo de Grecia, sito entre as rexións da Macedonia helena e a Tesalia.

Véxase tamén Outros artigos Montes Troodos

Categoría:Xeografía de Chipre Categoría:Montañas