Barentsøya é unha illa norueguesa do arquipélago de Svalbard, situada entre Edgeøya e Spitsbergen. Está deshabitada. Foi nomeada na honra do explorador neerlandés Willem Barents (quen realmente nunca viu a illa), é unha parte da reserva natural de Søraust-Svalbard.

Barentsøxa é unha illa ártica. Ao redor do 43 por cento da súa superficie de 1.288 km² é glaciar. Ao norte, no estreito entre Barentsøxa e Spitsbergen, atópase a illa de Kükenthaløxa. Ao sur, o estreito que separa a illa de Barentsøya de Edgeøxa é Freemansundet.

Xeoloxicamente moita da rocha superficial foi erosionada polo glaciar.Svalbard Images Toda a illa é visitada polos osos polares que teñen unha diferenciación xenética recoñecible da rexión do mar de Barents. En Dørstubukta tamén hai unha gran aniñación utilizada principalmente por kittiwakes.C. Michael Hogan, 2008

Xeografía

Barentsøxa ten unha forma aproximadamente cadrada, cun longo e largo de preto de cincuenta quilómetros, ten unha superficie de 1.288 km². Unha parte significativa da illa, máis de 500 km², está conxelada. A capa de xeo de Barentsjøkulen cobre unha gran parte da illa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Svalbard

Ligazóns externas Svalbard Images: Barentsøya (URL consultada o 26 de decembro de 2008)

Categoría:Illas de Noruega Categoría:Illas deshabitadas