Gloria Sánchez García, nada en Vilagarcía de Arousa en 1958, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.

Traxectoria Mestra de ensino primario, especializada en lingua e literatura galega, francesa e audición e linguaxe. Moi influenciada pola literatura oral popular escribe prosa, teatro e poesía, ao tempo que se confesa admiradora das vangardas poéticas. A súa obra subxace baixo esta dobre faceta: tradición e innovación. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán, éuscaro, portugués e coreano.

Obra A pequena aventura de Oscariño (Deputación Provincial de Pontevedra. Servizo de Publicacións, 1984) . Fafarraios (Xerais, 1991). Rimas con letra (Xerais, 1991). Bichos con gaseosa (Bruño, 1992) Cabeciña a paxaros e outras historias (Bruño, 1993). ¡Pum, pum! (Ir Indo, 1993). O capitán Ro e o gato Bo (Xerais, 1994). Pé mais eu (Rodeira, 1994 ). Traducida ao castelán. 303 adiviñas (Xerais, 1994). Doutor Rus (Rodeira, 1995). Traducida ao castelán: Doctor Rus (Edebé, 1995), ao catalán (Edebé, 1995) e ao éuscaro: Rus doktorea (Giltza, 1998). Traducida ao koreano. A raíña de Turnedó (Xerais, 1996). Manual para unha pequena meiga (Rodeira, 1998). Con tradución ao castelán: Manual para una pequeña bruja (Edebé, 1998), ao catalán: Manual per una petita bruixa (Edebé, 1998) e ao éuscaro: Sorgin txikiaren eskuliburua (Giltza, 2000). Sete casas, sete bruxas e un ovo. (Edicións SM, 1998). Traducido ao castelán e koreano. O Grande Tronante. (Edicións Xerais, 1998) En coautoría con Xan López Domínguez. A casa de vidrio do señor Clin (Edicións SM, 1999). Traducido ao castelán Teatro Feroz (Editorial Galaxia, 1999). Matapitos.com (Edicións Xerais, 2000) O home do impermeable amarelo (Edicións SM, 2000) Chinto e Tom (Edicións SM, 2001). Con tradución ao castelán: Chinto y Tom. A galiña da paz (Rodeira, Edebé, 2002). Con tradución ao castelán. Frangulla (Edelvives, 2002). Traducida ao castelán (Peluso) e catalán (Bocinet). ¿A onde van as bolboretas no inverno? (Editorial Everest. Tambre, 2003). Traducido ao portugués. Contos con letras (Edicións SM, 2003). Traducida ao castelán. Adiviñas de animais (Alfaguara. Obradoiro, 2004). Traducida ao castelán. Rato Pincho (Editorial Galaxia, 2004) Sí, poesía (Alfaguara, 2005). Adiviñas monstruosas, (EDEBÉ. Rodeira, 2006) Traducida ao castelán. Dez piratas. (Alfaguara. Obradoiro, 2006) Traducida ao castelán. Florentino, o príncipe quino. (Edicións Xerais, 2010). Olalá (Editorial Galaxia, 2010) Texto e disco co grupo musical Mamacabra. A raíña de Turnedó (Kalandraka, 2014).http://www.kalandraka.com/es/colecciones/nombre-coleccion/detalle-libro/ver/a-raina-de-turnedo/ Traducida ao castelán. Diez piratas (Santillana, 2016) A vaca dixo Mua (Oqueleo, 2017) Dez piratas (Oqueleo, 2017)

Obras colectivas Trazos, trozos e retrincos (Xunta de Galicia, 1992). E dixo o corvo... (Xunta de Galicia, 1997). Un saquiño de contos (Xerais, 2001). Poesía española para niños (Alfaguara, 2002). Lucas, o vampiro do leite, en Para cantar e contar (Xunta de Galicia, 2003). Narradio: 56 historias no ar (Xerais, 2003). Postais do Camiño (Editorial Galaxia, 2004). Xa me tardan estes magos (Editorial Galaxia, 2011). Libro-disco.

Premios Premio Merlín no 1990, por Fafarraios. Lista de Honra do IBBY en 1991, por Fafarraios. Premio Xacobeo de Teatro de monicreques 1994, por A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos. Premio EDEBÉ no 1995, por Doutor Rus. White Ravens 2000, por O Grande Tronante. A casa de vidro do Señor Clin (Seleccionado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez como unha das cen mellores obras da literatura infantil española do século XX). Premio Lazarillo 2001, por Chinto e Tom. White Ravens 2001, por Chinto e Tom. Premio Frey Martiño Sarmiento, por Dez Piratas. É Socia de Honra de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Rodríguez Rodríguez, Á. (2005): A renovación da literatura infantil e xuvenil galega. A obra de Gloria Sánchez. Tese doutoral. Universidade de Santiago de Compostela.  "Deforma-la linguaxe para forma ideas" e "Obra de Gloria Sánchez". (Fadamorgana nº 6, 2001, p. 23/28) Silvia Gaspar . (Fadamorgana nº 6, 2001, p. 18/22) Ligazóns externas Edicións Xerais de Galicia na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1958 Categoría:Gañadores do Premio Merlín