O grupo Los Solidarios, tamén coñecido como Crisol, foi un grupo de acción armada formado entre 1922 e 1923 en Barcelona como resposta á guerra sucia emprendida por sectores patronais e gobernamentais contra os sindicatos.

Xordeu como sucesor dun grupo anterior chamado "Los Justicieros" creado en Zaragoza.

Integrado por anarcosindicalistas, montaron unha rede para a compra e depósito de armas coas que se atentaba contra elementos do Sindicato Libre patronal. Atribúenselles atracos a bancos como o do Banco de España (setembro de 1923) ou o asasinato do cardeal zaragozano Juan Soldevila y Romero (1923). Despois deste feito e coa presión da ditadura de Primo de Rivera, Durruti, Ascaso e outros membros fuxiron a Francia primeiro e a América Latina despois, onde se lles imputan máis atracos. Volveron a Europa establecéndose en Francia, onde viviron clandestinamente despois de seren acusados de intentar asasinar o rei Afonso XIII nunha visita a París. Expulsados finalmente dese país, establecéronse en Bélxica, onde lles foi permitida a residencia. Coa proclamación da República (1931) algúns dos membros que puideron volver a Cataluña deciden ingresar na Federación Anarquista Ibérica co nome de "Nosotros", aínda que con posicións máis radicais que as da federación. Ó declararse a guerra civil española o grupo deixou de actuar como tal.

Consérvase unha gravación sonora dun discurso de Joan García Oliver Vídeo con el discurso de Francisco Ascaso cualificando ós membros do grupo, incluíndose el mesmo, como os mellores terroristas da clase traballadora, os que mellor podían devolver golpe por golpe o terrorismo branco contra o proletariado como os asasinatos de Salvador Seguí ou Francesc Layret por parte da patronal.Durruti en la revolución española (video)

Integrantes Formaron parte, entre outros: Francisco Ascaso, camareiro Ramona Berni, obreira do téxtil Eusebi Brau, ferreiro Manuel Campos, carpinteiro Buenaventura Durruti, mecánico Aurelio Fernández Sánchez, mecánico Joan García Oliver, camareiro Miguel García Vivancos, estibador, pintor e chófer Gregorio Jover Cortés, carpinteiro Júlia López Mainar, cociñeira Antonio Martín Escudero Alfonso Miguel, ebanista Pepita Not, cociñeira Antonio Ortiz Ramírez, carpinteiro Ricardo Sanz García, obreiro téxtil Gregorio Suberviela, maquinista María Luisa Tejedor, modista Manuel Torres Escartín, forneiro Rafael Torres Escartín Antonio El Toto, xornaleiro

Notas

Bibliografía Abel Paz, Durruti, le peuple en armes. París, Tête de Feuille, 1972

Véxase tamén Ligazóns externas Historia do movemento obreiro: Los Solidarios (en catalán)

Solidarios