Xosé Antonio Sánchez Bugallo, nado o 31 de xaneiro de 1954 en Teixeiro (Curtis), é un político galego do PSdeG-PSOE.
Carreira política Chegou a Santiago de Compostela en 1981, e en 1983 comezou a súa vida política como xefe de gabinete do alcalde socialista naquel momento, Xerardo Estévez. Nas eleccións municipais de 1987 saíu elixido concelleiro, e desde entón ata 1998 asumiu diferentes delegacións municipais como Deportes, Relacións Veciñais, Tráfico e Seguridade Cidadá, Persoal e Réxime Interior, ademais da portavocía do seu grupo. Entre 1991 e 1999 foi deputado na Deputación da Coruña, exercendo como vicepresidente entre 1991 e 1995, á fronte das áreas de Persoal e Réxime Interno.
Accedeu á Alcaldía en 1998, despois da renuncia de Xerardo Estévez. Nas eleccións municipais de 1999, 2003 e 2007 conservou a alcaldía mediante un goberno de coalición co BNG. Porén, nas eleccións municipais de maio de 2011 o conservador Gerardo Conde Roa obtivo maioría e acadou a alcaldía.
Foi nas listas do PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas de 2012, e saíu elixido deputado. Como parlamentario presidiu a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos; e foi portavoz da Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda. En 2015 ocupou simbolicamente o derradeiro posto na lista do seu partido, que desta volta presentaba a Francisco Reyes como candidato. Encabezou de novo as listas do seu partido nas eleccións municipais de 2019, pasando a gobernar con maioría simple tras acadar dez concelleiros, substituíndo na alcaldía a Martiño Noriega.Bugallo, proclamado alcalde de Santiago En 2023 perdeu a alcaldía, que pasou a mans da nacionalista Goretti Sanmartín, renunciando como concelleiro. Presentouse como candidato socialista ao Senado nas eleccións xerais de España de 2023 e foi elixido senador.
Resultados electorais
Eleccións 1999: 16 208 votos (33,24 %) e 9 concellarías. Eleccións 2003: 20 481 votos (40,32 %) e 11 concellarías. Eleccións 2007: 18 270 votos (38,19 %) e 10 concellarías. Eleccións 2011: 14 846 votos (30,96 %) e 9 concellarías. Eleccións 2019: 18 150 votos (34,70 %) e 10 concellarías. Eleccións 2023: 10 513 votos (21,66 %) e 6 concellarías.
Outros cargos Dende 1999, foi membro do Consello de Administración da Organización de Cidades Patrimonio Mundial (OCPM), presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Santiago de Compostela que abrangue os municipios de Ames, Brión, Boqueixón, Teo, Val do Dubra e Santiago de Compostela, e desde maio do 2005 presidiu a Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, organismo internacional formado por cinco cidades británicas, trece do Estado español, seis portuguesas, unha irlandesa e nove francesas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Santiago de Compostela Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Grupo municipal dos socialistas de Santiago.
Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Curtis Categoría:Nados en 1954 Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Senadores de España polo PSOE