O poema sinfónico Finlandia (Op. 26) compúxoo Jean Sibelius en 1899 e revisou de novo en 1900 para animar a loita popular contra da revogación da autonomía finesa polo goberno imperial ruso, converteuse nunha peza moi popular no país, nun himno oficioso e secreto por canto as autoridades rusas prohibírano
Finlandia era o cadro final dunha suite de varias pezas que Sibelius compuxo para ser estreada con ocasión das Festas da Pensión da Prensa de 1899, a prensa fora precisamente un dos baluartes da oposición á rusificación de Finlandia, e o acto converteuse nun chamamento do sentimento patriótico finés nun momento no que a política rusa se facía máis agresiva. Gran parte do peza é música turbulenta e implorante, utilizando instrumentos de vento, evocando a loita do pobo finés polos seus dereitos mais cara ao fin da obra a composición vólvese máis serenamente melódica, esta última parte volveuna escribir Sibelius máis tarde como unha nova peza co nome de Finlandia-hymni.
Orquestración A partitura de Sibelius require da utilización de:
Instrumentación de FinlandiaMadeiras |- | | 2 frautas, 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots, contrafagot |- | bgcolor="#FFECB2"|Metais 4 trompas, 3 trompetas en Fa, 3 trombóns, tubaPercusión |- | | Timpani, bombo, pratos, ferriños |- | bgcolor="#FFECB2"|Cordas Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Lista de composicións de Jean Sibelius
Ligazóns externas Scores completos de varios poemas sinfónicos de Jean Sibelius incluído Finlandia Vídeo dunha gravación de 2012 de Finlandia Op.26 en www.youtube.com Vídeo da inauguración do Musiikkitalo Helsinki coa versión coral de Finlandia interpretada pola Radion sinfoniaorkesteri baixo a batuta de Jukka-Pekka Saraste en www.youtube.com
Categoría:Composicións musicais do século XIX Categoría:Composicións musicais no dominio público Categoría:Cancións Categoría:Poemas sinfónicos de Jean Sibelius Categoría:Símbolos de Finlandia