Alagón é un concello da provincia de Zaragoza, de 24 km² e unha poboación de 6.547 habitantes (2007).

Alagón é a capital da comarca da Ribera Alta del Ebro e forma parte da área metropolitana de Zaragoza, da que tan só dista 24 km.

Os ríos principais do municipio son o Ebro e o seu afluente o Alagón.

Economía A súa economía aséntase no cultivo de hortalizas, froiteiras, forraxes e remolacha azucreira, mais tamén na fábrica de automóbiles Opel, situada en Figueruelas, municipio próximo da mesma comarca.

Categoría:Concellos da provincia de Zaragoza