María Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, nada en Buenos Aires en 1915 e finada o 26 de xullo de 2010, foi unha locutora de radio, actriz e xornalista galega.

Orixe Maruxa Boga era filla dos galegos Leandro Boga, oriundo de Lestrobe, no concello de Dodro e de María Romaní, oriunda de Noia, que emigraron á Arxentina na primeira vaga migratoria galega do século XX.

Traxectoria Comezou a súa traxectoria como locutora de radio no programa Galicia, que dirixía a actriz Maruxa Villanueva. O 5 de agosto de 1945 comezou a presentar, a canda o actor Fernando Iglesias Sánchez, "Tacholas" e o seu home, o xornalista Alfredo Ángel Aróstegui, o programa de radio Recordando a Galicia na emisora arxentina Radio Rivadavia. Traballou tamén en Radio Excelsior, Radio Prieto, Radio del Pueblo, Radio Antártida etc.Gran Enciclopedia Galega.

Fundou con Tacholas a Compañía de teatro Boga-Tacholas, coa que, de 1941 a 1944, se dedicaron á representacións de comedias, moitas delas de temática galega,Enciclopedia Galega Universal principalmente da autoría de Manuel Daniel Varela Buxán. Interpretou a personaxe de Pimpinela de Os vellos non deben de namorarse, baixo a dirección do propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, autor da peza.

Logo de que Tacholas deixase en 1953 a presentación do programa, continuou con Arostegui á súa fronte ata marzo de 1984, cubrindo 39 anos de emisións ininterrompidas. O programa foi ademais un referente da comunidade galega na Arxentina, e por el pasaron Castelao, Eduardo Blanco Amor, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Maruxa Villanueva ou Manuel Dopazo Gontade.

Recoñecementos Recibiu o Grelo de ouro en 1998 canda a Maruxa Villanueva e Tacholas, polo impulso do teatro galego na Arxentina.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Galegos na Arxentina Ligazóns externas

, M. X. e , V. (2012) "Maruxa Boga. Voz e memoria da Galicia transterrada en Arxentina" Álbum de Mulleres. CCG.

Categoría:Actores de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Xornalistas radiofónicos Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2010