Philip Morris Glass, nado en Baltimore o 31 de xaneiro de 1937, é un compositor clásico estadounidense. Está considerado un dos compositores máis influentes do século XX.Naxos Classical Music Spotlight podcast: Philip Glass Heroes Symphony A súa música é descrita a miúdo como música minimalista, xunto coa obra doutros grandes minimalistas como La Monte Young, Terry Riley e Steve Reich.Richardson, John (1999), Singing Archaeology: Philip Glass's Akhnaten, University Press of New England, p. 21

Glass rexeitou o selo de "minimalista", describíndose no seu canto como un compositor de "música con estruturas repetitivas". Malia que as súas primeiras obras musicais comparten moitas características co que se considera acotío como "minimalista", a súa música evolucionou moito estilisticamente. El descríbese a si mesmo como "clasicista", destacando por ser estudoso de harmonía e contrapunto de compositores como Franz Schubert, Johann Sebastian Bach e Wolfgang Amadeus Mozart con Nadia Boulanger.

Glass fundou o seu propio conxunto musical, o Philip Glass Ensemble, co cal toca o piano, escribe óperas, obras de teatro, sinfonías, concertos, obras solistas, música de cámara e bandas sonoras. Tres das súas bandas sonoras foron nomeadas ós Premios Oscar.

Traxectoria É un compositor moi prolífico, producindo moitos traballos entre óperas, sinfonías, concertos, bandas sonoras para filmes e outros traballos en colaboración con outros músicos. Ten dous fillos e actualmente reside no estado de Nova York nos Estados Unidos e na provincia da Nova Escocia no Canadá. É defensor da causa tibetana.Biografía de Philip Glass na súa web oficial .

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2012Mellor música orixinalO ApóstoloGañador

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina persoal de Philip Glass . Looking Glass .

Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Nados en 1937 Categoría:Compositores de ópera