A aguia perdigueira, ou aguia perdiceira, (Aquila fasciata, antes coñecida como Hieraaetus fasciatus) é unha ave de rapina da familia Accipitridae. É parente moi proxima da especie africana A. spilogaster, que se considera en ocasións mesmo unha subespecie. Malia ter unha ampla distribución, recoñécense só dúas subespecies de aguia perdigueira: a nominativa A. f. fasciatus, e A. f. renschi, das illas pequenas do arquipélago de Sonda (Indonesia), de individuos máis pequenos e con manchas escuras na parte inferior do corpo.
Descrición Son aguias de entre 66 e 74 cm. de lonxitude. A envergadura das ás dos machos vai dos 150 ó 160 cm.; a das femias dos 165 ós 180. A plumaxe da parte superior do corpo é castaña escura, a da inferior. abrancazada con manchas escuras. teñen as añas relativamente curtas e arredondadas, a cola, gris na parte superior, branca por embaixo e cunha banda terminal negra, longa e a cabeza grande. Os pés e os ollos son amarelos. Os exemplares inmaturos teñen a parte inferior do corpo e a das ás da cor do ante, é battas finas na cola.
Distribución xeográfica e hábitat A especie esta espallada polo sur de Europa, o norte de África e o sur e sueste de Asia. As poboacións europeas, que están en forte retroceso por causa da perda de hábitats axeitados, o uso de pesticidas e a caza, concéntranse en España, onde se considera unha especie en perigo de extinción, Portugal, o sur de Francia, Sardeña e Creta. O número total de parellas reprodutoras europeas cálculse enunhas 500. esquerda|miniatura| Exemplar de aguia perdigueira voando en Himachal Pradesh, India. Os adultos son fieis ós seus territorios, e pasan o inverno preto das zónas de cría, pero os exemplares novos son máis móbiles e aparecen ás veces en lugares moi afastados de onde naceron. Algunhas poboacións asiáticas amosan unha conduta migratoria innata.
O seu hábitat preferido son zonas secas e montañosas con pouca presenza de árbores, pero, fora da época de cría poden atoparse tamén en zonas húmidas, á procura de aves acuáticas para cazar.
Alimentación e reprodución thumb| Aquila fasciata As súas presas habituais son mamíferos (a miúdo coellos e lebres pequenos), aves de tamaño mediano e réptiles. As parellas reprodutoras cazan frecuentemente xuntas. A técinica de caza máis corrente consiste en describir círculos a grande altura e deixarse caer sobre a presa coas ás recollidas. Cazan tamén a espreita pousadas nun punto fixo e poden verse tamén facendo voos de recoñecemento a pouca altura entre os acantilados. As prersas son golpeadas o mesmo en terra que no aire.
Fan a posta entre febreiro e marzo, en xeral dous ovos, que chocan entre 37 e 40 días. Os polos deixan o niño cando teñen entre 60 e 65 días de idade, aínda que son alimentados polos pais aínda algunhas semanas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Ligazóns externas Páxina web do Equipo de Biologia da Conservación -Àliga perdiguera, da Universidade de Barcelona (Catalán) A aguia perdigueira en España
Categoría:Accipítridos Categoría:Animais descritos en 1822 Categoría:Aves de Galicia