Tupinambarana é o nome da segunda illa fluvial máis grande do mundo despois da Bananal, limitada polos ríos Amazonas, Madeira, Sucunduri e Abacaxis, no estado brasileiro de Amazonas. Hoxe en día, en realidade, esta illa quedou dividida en catro partes a causa das canles naturais que atavesan o seu territorio. A extensión do complexo das catro illas fluviais é de 11.850 km².

Este grupo de illas está malloritariamente cuberto pola selva amazónica e so é accesible por río ou ben desde o ar. Ten unha pequena serra e alberga a cidade de Parintins, coñecida polo seu festival folclórico. Tamén atópanse restos dunha localidade construída na década de 1930 por inmigrantes xaponeses que cultivavan xute.

Véxase tamén

Categoría:Illas do Brasil Categoría:Illas fluviais