miniatura|left|Mina de diamantes de Jwaneng, a máis grande do mundo. Botswana é o terceiro produtor mundial de diamantes. O país ten unha economía de libre mercado. Entre 1987 e 1997 experimentou un crecemento medio do 7,3%, sendo unha das economías con máis alta taxa de crecemento do mundo. Entre 2006 e 2008 seu PIB creceu abaixo dos 5%, e o 2009 contraeuse fortemente, cunha caída da industria de case 30%. A través dunha disciplina fiscal e unha eficiente xestión, o país transformouse dun dos máis pobres do mundo nunha economía de renda mediana, cun PIB per cápita de U$ 14.100 o 2008. Dous importantes bancos de investimento clasificaron o país como un dos mellores en termos de risco de crédito en África.

A minería de diamante axudou a expansión económica e actualmente representa máis de 1/3 do produto interno bruto, entre o 70 e o 80% das exportacións e preto de metade das rendas do goberno. A súa renda per cápita aumentou de 7.800 dólares en 1997 para case o dobro, 14 700 dólares o 2007.A grande dependencia do país dun único produto de luxo nas súas exportacións foi un factor crítico na forte retracción económica o 2009. Outros sectores de importancia son o turismo, os servizos financeiros e a gandería de subsistencia.

A pesar do desemprego ser, segundo datos oficiais, soamente o 7,5% da forza de traballo o 2007, estimativas non oficiais dan conta de case 40%. Os índices de infección polo VIH están entre os máis elevados do mundo, e ameazan as impresionantes ganancias económicas do país. Tamén se espera unha retracción da produción de diamantes nas próximas dúas décadas, o que pode significar unha forte redución do crecemento en longo prazo.

O seu maior socio comercial é Suráfrica.

Notas

Botswana Categoría:Botswana