Boris Vasilievich Spassky, nado en San Petersburgo o 30 de xaneiro de 1937 e finado en Moscova o 27 de febreiro de 2025, foi un xadrecista ruso. Proclamouse 10º Campión do Mundo de Xadrez en 1969 ao derrotar ao tamén soviético Tigran Petrosian.

Traxectoria

Máis que pola súa contribución ao desenvolvemento do xadrez, foi coñecido por ser o xogador ao que bateu o estadounidense Robert J. Fischer no match disputado en Reiquiavik (Islandia) en 1972, ao cal se denominou match do século. Celebrouse en plena guerra fría e foi todo un símbolo do enfrontamento entre as dúas superpotencias. Ata ese momento, Fischer non gañara a Spassky, que ademais preparara o campionato con Efim Geller, o cal tamén superara a Fischer no pasado. Pero o estadounidense gañou con contundencia mediante unha serie de saídas sorprendentes, que buscaban tirar por terra a preparación de Spassky.

Máis tarde, participou en varios ciclos clasificatorios para o título mundial. En 1975 foi eliminado en semifinais por Anatoli Karpov, futuro campión do mundo. En 1978 chegou ata a final, onde foi derrotado por Viktor Korchnoi.

En 1992 xogou un match de desquite contra Bobby Fischer, onde volveu ser derrotado. Neste último match, o nivel dos contendentes distaba moito do que os encumbrou no mundo do xadrez, pero creou unha grande expectación, xa que supuña o regreso de Bobby Fischer aos taboleiros logo de 20 anos de ausencia.

Véxase tamén Ligazóns externas

60 posicións críticas das súas partidas All Boris Spassky Games Boris Spassky, desde Rusia con amor

Anterior:Tigran PetrosianCampión do mundo de Xadrez1969–1972Siguiente:Bobby Fischer

Categoría:Campións do mundo de xadrez Categoría:Xadrecistas de Rusia Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Wikipedia:Artigos por validar con WP:TRL Categoría:Xadrecistas do século XX Categoría:Grandes Mestres de xadrez