O 16 de agosto é o 228º día do ano do calendario gregoriano e o 229º nos anos bisestos. Quedan 137 días para finalizar o ano.

Acontecementos 932: O mosteiro de Cambre é doado ao de San Paio de Antealtares. 1866: En Ostende, os progresistas e demócratas españois no exilio asinan o pacto de Ostende. 1936: Asasinados en Piñeira (Monforte de Lemos) Ramón Bou Gil, Manuel Castro Álvarez e José Ramón González Vidal, republicanos de Pantón. 1960: Chipre independízase do Reino Unido. 1984: Lanzamento do satélite científico AMPTE. 1985: Primeira retransmisión en galego dun partido de fútbol na televisión: Real Valladolid-Dinamo Kíiv, na TVG. 2005: Cae un helicóptero en Afganistán falecendo 17 militares españois, 10 deles galegos.

Nacementos miniatura|100px|Madonna. 1827 - Ubaldo Pasarón Lastra, militar, inventor e escritor galego (m. 1862). 1832 - Wilhelm Wundt, fisiólogo, psicólogo e filósofo alemán (m. 1920). 1845 - José Ojea Otero, político e escritor galego (m. 1900). 1875 - José García Ramos, médico e político galego (m. 1970). 1888 - Julio Rey Pastor, matemático español (m. 1962). 1890 - Manuel Puente González, empresario e galeguista da Arxentina (m. 1970). 1904 - Wendell Meredith Stanley, químico norteamericano (m. 1971). 1913 - Menachem Begin, primeiro ministro de Israel (1977-1983). 1916 - Francisco Bernis Madrazo, ornitólogo e biólogo español (m. 2003) 1920 - Charles Bukowski, escritor estadounidense. 1929 - Bill Evans, pianista de jazz estadounidense. 1935 - Xavier Suárez-Vence, empresario e político galego. 1958 - Madonna, cantante, compositora e produtora estadounidense. 1970 - Fabio Casartelli, ciclista italiano.

Mortes miniatura|100px|Eça de Queirós. miniatura|100px|Aretha Franklin. 1705 - Jakob Bernoulli, matemático suízo. 1893 - Jean-Martin Charcot, neurólogo francés (n. 1825). 1900 - José Maria Eça de Queirós, escritor e diplomático portugués (n. 1845). 1948 - Babe Ruth, beisbolista estadounidense (n. 1895). 1949 - Margaret Mitchell, escritora estadounidense (n. 1900). 1956 - Béla Lugosi, actor húngaro. 1977 - Elvis Presley, músico estadounidense (n. 1935). 1986 - Luís Casas Pasarín, futbolista galego (n. 1902). 2001 - Hipólito de Sá Bravo, escritor galego (n. 1907). 2005 - Celestino Torres, empresario e político galego (n. 1921). 2010 - Nicola Cabibbo, físico italiano (n. 1935). 2018 - Aretha Franklin, música estadounidense (n. 1942).

Festas e celebracións Festas patronais de San Roque en Melide, Betanzos e Viveiro. Día Internacional das Montañas Rusas.

Outros Santoral: Santos Roque, Estevo e Serena.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Agosto