O pazo de Cardexía é un pazo situado no lugar de Cardexía, na parroquia lalinense de Filgueira. Actualmente o edificio atópase en estado de abandono.

Características O pazo, realizado en cantería de pequeno tamaño, ten planta rectangular e tellado a catro augas. Ten balcón sobre columnas de pedra na fachada principal e cheminea de grandes dimensións. A parte oposta á fachada principal está rodeada por un muro alto. Neste lugar atópanse as cortes para cabalarías e gando.

Están presentes no pazo os escudos do Taboada, Salgado, Deza e Gil.

Véxase tamén Outros artigos Pazos de Galicia

Cardexia