Vincent Otti, nado contra 1946 en Atiak (Gulu) e finado probablemente o 3 de novembro de 2007Uganda's LRA confirm Otti death BBC, 23.01.08, foi un militar ugandés, membro da guerrilla do Exército de Resistencia do Señor.

Traxectoria Como guerrilleiro Vincent Otti quedou orfo de pai e nai cando era novo. Traballou nunha tenda e con 41 anos, en 1987, ingresa no Exército de Resistencia do Señor, un movemento guerrilleiro ugandés con aspectos relixiosos. O ERS fora fundado precisamente ese ano, e Otti chega a ser tenente xeneral e vicepresidente do ERS, con Joseph Kony como presidente. Durante as conversas de paz de Juba, en 2006, Otti é o voceiro do ERS.

É difícil saber en qué accións do ERS tomou Otti parte e en cales non. Entre os feitos atribuídos está o ataque, en 1994, da súa propia aldea de Atiak, onde falecen 200 persoas, ou o masacre de Balonyo, de febreiro de 2004, onde uns 300 aldeáns foron asasinados.

Proceso internacional O 8 de xullo de 2005 o Tribunal Penal Internacional entende que hai bases abondas como para acusar a Otti de crimes de guerra e de crimes contra a humanidadeLevée des scellés sur les mandats d'arrêt contre cinq commandants de l'ARS , Tribunal Penal Internacional, 14.10.05, a canda outros catro líderes do ERS: Joseph Kony, Raska Lukwiya, Okot Odhiambo e Dominic Ongwen. Nesa orde de arresto atribuíanselle os delitos de asasinato, pillaxe, indución á violación, alistamento de nenos, ataque contra a poboación civil, crueldade con civís, escravitude sexual e actos inhumanos.

Malia esta orde de arresto internacional, Otti nunca foi detido e participou en diversas conversas de paz.

Morte En outubro de 2007, o exército de Uganda informa de que Otti foi asasinado logo dun desacordo con Kony a propósito do proceso de paz, no campamento base de Garamba. Porén, un deputado ugandés sinalou que falara por teléfono con el contra o 19 de outubro e finalmente o ERS, a través dun voceiro , afirmou que Otti non estaba morto, pero que tiña o cólera.

O 7 de novembro o propio Kony díxolle ao presidente do distrito de Gulu que Otti fora detido por conspirar contra el e contra o ERS, pero que estaba vivo e en situación de illamento ata que o ERS decidira qué facer. Pero ese mesmo día o presidente do Sudán do Sur, Salva Kiir Mayardit afirmou que a situación de Otti non era claraS. Sudan president speaks on Otti's fate ". The Monitor, e enviou un grupo de investigación á fronteira congolesa.

O xornal ugandés New Vision informou o 22 de novembro que, segundo uns desertores do ERS, Otti fora fusilado a canda outros guerrilleiros o 2 de outubro por apoiar o proceso de paz. Estes datos foron confirmados a finais de decembro por unha nota diplomática, onde sinalaba que Otti fora arrestado e fusilado no campamento base de Kony. O falecemento de Otti foi confirmado en xaneiro de 2008 polo vicepresidente do Sudán do Sur, Riak Marchar, pero situou como data o 3 de novembro. Porén, non aclarou as causas da morte.

Notas

Categoría:Personalidades de Uganda Categoría:Nados en Uganda Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2007