Hans Memling foi un pintor nado na Alemaña, en Seligenstadt entre 1435 e 1440. Estabelecido en Flandres, onde morreu na cidade de Bruxas en 1494, considérase un pintor flamengo.

Biografía Pintor de grande reputación en vida, tanto en Bruxas como en Italia, en Alemaña ou en Inglaterra, logo esquecido inxustamente durante varios séculos, Hans Memling foi redescuberto a comezos do século XIX polos alemáns, especialmente por Schlegel. Prezado pola masa e mal estimado polos historiadores da arte, ocupa hoxe un lugar especial entre os primitivos flamengos. Herdeiro de Rogier van der Weyden, encarna un xuste medio en valoración, unha sorte de clasicismo que conmove pola súa sinxeleza e finura. A súa arte salienta en dous dominios: a serenidade e a suavidade. É a serenidade da súa concepción artística o que de primeiras chama a atención, cando un considera os seus cadros máis auténticos: "A Virxe entre santos" e a "Adoración dos Reis Magos" ambos os dous custodiados no Hospital de San Xoán (Johannishospital), en Bruxas.

Obras O Xuízo Final (1467-1471), Museo Nacional (Muzeum Narodowe), Gdánsk, O Johannishospital posúe os traballos principais do artista en Bruxas: Vodas de santa Catarina, retablo (1479), Adoración dos Reis Magos (1479), Retrato de María Moreel, como Sibylla persica (1480), Virxe e Neno co doador Martin van Nieuwenhoven (1487) O relicario de santa Úrsula con 6 episodios da lenda das 11.000 virxes (1489). No Groeningemuseum de Bruxas: tríptico cos santos Cristovo, Mauricio, Eloi, e o doador, o burgomestre Moreel e a súa familia Na Galería dos Reis de Turín: cadro da Paixón de Cristo, Na Alte Pinakothek de Múnic Os sete gozos de María, Na catedral Lübeck, retablo de 1491, con Cristo na cruz.

62px 62px 62px 144px|Mittelteil 62px 62px 62px Os 7 paneis do retablo políptico de Lübeck

Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Pintores de Flandres Categoría:Pintores do século XV Categoría:Finados en 1494 Categoría:Nados en Hessen