A estación de Betanzos-Infesta é unha estación de tren de Adif situada na Infesta, ao suroeste da vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 524,4 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións de Oza dos Ríos e Cecebre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Ademais, é o punto de partida dun pequeno ramal duns 40 quilómetros que une Betanzos con Ferrol. A seguinte estación no percorrido é Betanzos-Cidade. O tramo tamén é de vía única e está sen electrificar.

Historia A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Fundación de los Ferrocarriles Españoles A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras. Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.

Pola súa parte, o ramal a Ferrol data de 1913. Realmente este ferrocarril empezouse a xestar desde que quedou acabado o tramo A Coruña-Lugo. Con todo, as poxas que se foron realizando fóronse pechando sen lograr un adxudicatario o que levou finalmente ao Estado para encargarse da obra.

En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. A estación atópase situada na Infesta, pertencente á parroquia de Requián, ao suroeste do núcleo urbano de Betanzos. Ten tres plataformas, das cales unha é lateral e as outras dúas son centrais, ás que acceden tres vías. Dúas das plataformas están cubertas por marquesiña. A estación consta dun total de catro vías pasantes, ás que se lles suma unha vía morta.

A cincuenta metros da entrada da estación atópase unha parada de autobús de Transporte Metropolitano de Galicia, con servizos regulares ao centro urbano de Betanzos e outras localidades.

Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 4 MD A Coruña <>  Monforte de Lemos Ourense-Empalme 5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas

Véxase tamén Outros artigos Estación de Betanzos-Cidade

Ligazóns externas

Betanzos-Infesta Categoría:Betanzos