A Citroën C15 é unha furgoneta pequena que foi producida polo fabricante francés Citroën entre os anos 1984 e 2005. Substituíu a Citroën Acadiane, e a súa sucesora, a Citroën Berlingo, foi posta á venda no ano 1996.

Descrición A gama de lanzamento constaba de dúas motorizacións, unha de gasolina de 1.1 litros e outra diésel de 1.8 litros, de 48 CV e 60 CV de potencia máxima respectivamente, estando dispoñible dende 1986 unha segunda opción de gasolina de 1360 cc e 60 CV. Todos estes motores procedían do turismo Citroën Visa, do cal derivaba a C15. Estas mecánicas de gasolina serán substituídas por outras máis modernas (tipo TU), aínda que da mesma cilindrada, procedentes do Citroën AX, despois de 1987, con potencias entre 55 e 75 CV. Tamén o diésel será substituído por un novo 1.9 litros de 71 CV, similar ó do Berlingo, após o lanzamento deste modelo. Nos derradeiros anos de produción só se ofertou esta motorización. Existiron variantes da furgoneta con ou sen vidros laterais e chasis-cabina - esta última permitía incorporar unha caixa isoterma ou unha caixa ao estilo pickup. Segundo o ano e a versión, tiña unha capacidade máxima de carga de entre 500 e 800 kg.

O C15 recibiu varios cambios de estilo ao longo da súa vida comercial. As modificacións principais que recibiu a furgoneta na súa vida comercial foron a calandra dianteira e o cambio de portón traseiro a dobre porta. Na súa derradeira etapa a C15 estivo dispoñible con dirección servoasistida e con acondicionador de ar.

Prestacións Dicíase que, co motor diésel máis potente, esta furgoneta era capaz de acadar os 160 km/h, mais actualmente, o récord está en 170 km/h, da man do equipo C15-24h obtido no Autódromo do Algarve (Portugal) en febreiro de 2018.Compa oldie: ¿Citroën C15 o Renault Express? (13 de novembro de 2018). Autobild.es.

Produción A C15 foi fabricada nas instalacións de Citroën en Vigo (Galiza)Un merecido adiós para el Citroën C15 . Elmundo.es. e Mangualde (Portugal).Citroën C15 foi um verdadeiro sucesso na Europa. www.planetcarsz.com. A derradeira unidade (número 1 181 471) fabricouse o 5 de decembro de 2005 na factoría de Citroën de Vigo.

Motorizacións Motores de gasolina Motores diésel 1.1 1.4 1.8 D 1.9 D Período 1984-1989 1989-1992 1992-1996 1991-1996 1986-1992 1992-2000 2000-2005 Identificación do motor E1A TU1 F2/K TU1 M/Z TU3 M/Z XUD7 K XUD7 Z DW8 Tipo de motor L4 8v, carburación L4 8v, inxección monopunto L4 8v Diámetro x carreira 74.0 mm × 65.0 mm 72.0 mm × 69.0 mm 75.0 mm × 77.0 mm 80.0 mm × 88.0 mm 82.2 mm × 88.0 mm Cilindrada 1118 cm³ 1124 cm³ 1360 cm³ 1769 cm³ 1868 cm³ Relación de compresión 9.6: 1 9.7: 1 9.4: 1 9.3: 1 23.0: 1 Potencia máxima: CV (kW) @ rpm 55 CV (40 kW) @ 6000 55 CV (40 kW) @ 5800 60 CV (44 kW) @ 6200 75 CV (55 kW) @ 6200 60 CV (44 kW) @ 4600 69 CV (51 kW) @ 4600 Par máximo: Nm @ rpm 80 Nm @ 3400 87.5 Nm @ 3200 87.5 Nm @ 3800 109 Nm @ 4000 110 Nm @ 2000 125 Nm @ 2500 Tracción Dianteira Transmisión Manual, 4 velocidades Manual, 5 velocidades Aceleración (0-100 km/h) 13.7 s 13.2 s 10.7 s 15.1 s 14.7 s Velocidade máxima 167 km/h 158 km/h 170 km/h 155 km/h 160 km/h Consumo combinado (L/100 km) 5.8 5.1 6.4 5.6

Notas

C15 Categoría:Modelos de automóbiles fabricados en Galicia Categoría:Modelos de furgonetas

de:Citroën Visa#C15