miniatura|200px|Ana María Pastor Julián.

Ana María Pastor Julián, nada o 11 de novembro de 1957 en Cubillos, provincia de Zamora,El perfil de Ana Pastor. La amiga de Rajoy en Hoy.es, 12-01-14. é unha médica e política española que realizou a maioría da súa vida profesional en Galicia.

Foi ministra de Sanidade e Consumo do Goberno de España de 2002 a 2004, ministra de Fomento de 2011 a 2016 e presidenta do Congreso dos Deputados de 2016 a 2019.

Traxectoria Formación Naceu no seo dunha familia de labradores. O seu pai, Victoriano Pastor Serrano, aínda que nacido en Viveiro, residía na vila zamorana de Cubillos.Fallece el padre de la ministra de Fomento, Ana Pastor La Opinión de Zamora, 11-07-2014. Ana Pastor fixo os seus primeiros estudos na escola da súa vila natal, sendo unha alumna avantaxada de Evangelina, a súa mestra. Na súa xuventude pensaba ser matemática, pero máis tarde orientouse cara á medicina, licenciándose na Universidade de Salamanca, e especializándose en Medicina Familiar e Comunitaria.

Ademais de licenciada en Medicina e Cirurxía, é MBA en Business Administration.Ficha de Ana pastor no Congreso dos deputados, X lexislatura . Ademais, é funcionaria do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria do Estado.

Actividade como médica O seu primeiro destino profesional foi como médica no centro de saúde do concello de Crecente, posto obtido por oposición. Alí coñeceu ao que sería o seu marido, o crecentense José Benito Suárez Costa, hoxe presidente da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.José Benito Suárez se perfila como sustituto de Surís en la Autoridad Portuaria de Marín La Voz de Galicia, 24-04-2009.

Posteriormente foi xefa do servizo de Planificación Sanitaria da delegación pontevedresa da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, logo foi xerente de Atención Primaria na provincia de Pontevedra e despois directora provincial do Servizo Galego de Saúde.

Actividade na política miniatura|Ana Pastor canda Rosa Díez, nunha manifestación de Galicia Bilingüe. miniatura|Ana Pastor en 2014.

En 1996, tras o triunfo electoral do Partido Popular nas eleccións xerais, foi nomeada directora xeral da Mutualidad Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), dependente do ministerio de Administracións Públicas, que tiña daquela como titular a Mariano Rajoy.

A partir dese momento inicia unha carreira ascendente na administración do Estado, que a levan a ocupar sucesivamente os postos de subsecretaría en todos os departamentos dos que Rajoy foi nomeado ministro: Educación e Cultura (1999), Presidencia (2000) e Interior (2001). Finalmente, entre 2002 e 2004 convértese en ministra de Sanidade e Consumo. miniatura|Eleccións a Cortes 2016. Candidatos a deputados por Pontevedra polo PP. Foi elixida deputada en 2000, 2004, 2011, decembro de 2015 e de xuño de 2016 polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra.

Desde 2004 é Secretaria Executiva de Política Social e Benestar do PP.

En 21 de decembro de 2011 foi designada ministra de Fomento por Rajoy, para formar parte do primeiro goberno do PP tras o triunfo do devandito partido nas Eleccións Xerais do 20 de novembro, posto que ocupou durante toda a lexislatura.

Presidencia do Congreso

O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou o 18 de xullo de 2016 que Pastor era a candidata dos populares á presidencia do congreso dos Deputados..

O 19 de xullo de 2016 foi proclamada presidenta do Congreso da XII Lexislatura. A súa designación necesitou de dúas roldas de votacións da sesión constitutiva, xa que na primeira non alcanzou a maioría absoluta requirida polo regulamento da Cámara. Na segunda acadou a maioría simple, obtendo 169 votos dos deputados do PP e de Ciudadanos, e 10 máis seguramente dos nacionalistas cataláns e vascos, fronte aos 155 obtidos polo candidato socialista e anterior presidente da Cámara, Patxi López (ademais, houbo 25 votos en branco).Ana Pastor, elegida presidenta del Congreso. La cabeza de lista del PP por Pontevedra logra el respaldo de Ciudadanos y se impone al socialista Patxi López La Voz de Galicia, 19-07-2016.

Tras a súa toma de posesión, Pastor converteuse na segunda muller que preside o Congreso, tras a tamén popular Luisa Fernanda Rudi..

Ao día seguinte á súa proclamación, a nova presidenta foi recibida polo rei Filipe VI, a quen lle comunicou oficialmente que a Cámara Baixa quedara constituída e lle trasladou a relación de forzas políticas que a compoñen, para que o xefe do Estado poida iniciar así a rolda de consultas políticas previas á investidura.Ana Pastor traslada al Rey la nueva composición del Congreso El Correo Gallego, 20-07-2016.El rey comunicará mañana el nuevo calendario de consultas La Voz de Galicia, 20-07-2016.

Honras e distincións No ano 2000 foi galardoada coa Medalla de Galicia, na súa categoría de prata. No ano 2003 foi nomeada filla adoptiva de Crecente, e déuselle o seu nome á praza principal da vila, anteriormente denominada plaza del Caudillo.La ministra regresa a su consulta La Voz de Galicia, 5-07-2003.

Cargos públicos desempeñados desde 1999

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Composición do Congreso dos Deputados de España Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha de Ana Mª Pastor Julián no Congreso dos Deputados: X Lexislatura

Categoría:Ministros do Goberno de España da VII Lexislatura Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados Categoría:Políticos do PP Categoría:Ministros de Sanidade de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Ministros de Fomento de España