Antonio Carballeira Muñiz, nado en Meirás (Sada) en 1910 e finado en Veigue o 12 de agosto de 1936, foi un sindicalista sadense.

Traxectoria Labrego e albanel da parroquia sadense de Meirás, desenvolveu as súas actuacións no ámbito do sindicalismo agrario e do comunismo. Directivo e fundador da Asociación Agraria de Meirás (1931-1932), do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás (1932-1936) e do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada (1935-1936). Foi, asemade, directivo do Radio Comunista de Sada e, como tal, integrante da Comisión encargada de realizar a campaña a prol do Estatuto de autonomía.

Cando se prosuciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse nos montes de Meirás, na compaña de Juan Antonio Suárez Picallo, Manuel Prego Chas, José Mosquera Rey e Gumersindo Montero. A comezos de agosto trasladáronse os tres primeiros á Coruña, onde foron delatados e capturados polos falanxistas. Logo de sufriren torturas, foron asasinados. Os seus cadáveres apareceron o 12 de agosto do 1936 no monte das Abeleiras, na parroquia de Veigue.Alí foi atopado o seu cadáver. Onde morreu non se sabe de certo.

En decembro do 2007 inaugurouse en Sada unha pedra cunha placa en homenaxe aos represaliados polo franquismo, onde figura o nome de Antonio Carballeira.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Fernández Santander, C.: Alzamiento y Guerra Civil en Galicia. 1936-1939, Ediciós do Castro, 2007.

Velasco Souto, C.: 1936. Represión e alzamento militar en Galiza, A Nosa Terra, 2006.

Arquivo do Reino de Galicia, Fondo do Goberno Civil, G-2552 e G-2563.

Ligazóns externas Información sobre a represión do 1936 en Sada

Categoría:Sindicalistas de Galicia

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Sada Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos