miniatura|Composición con caracteres móbiles metálicos. A imprenta é un conxunto de tecnoloxías que permiten reproducir textos escritos e ilustracións en grandes cantidades sobre soportes planos, xeralmente papel, permitindo a difusión a grande escala. Coa denominación de imprenta referímonos ás distintas técnicas para a produción de impresos, e que abranguen dende a composición dos textos, ata a encadernación, pasando pola propia impresión.

Historia Desde que a humanidade desenvolveu medios de comunicación (pinturas rupestres, escritura…) buscou darlle persistencia e difusión ás súas obras.

Desde os escribas exipcios, ata os monxes copistas medievais, que pasaban os seus días copiando a man obras (relixiosas na súa maioría), a humanidade buscou desde cedo automatizar os seus medios de copia.

En Europa Os primeiros pasos cara a reprodución en serie de escritos e imaxes danse coa madeira: é a xilografía. Tamén se emprega a pedra como soporte: é a litografía.

Pero preséntase un problema considerable: un só erro obriga a refacer todo o gravado.

Johannes Gensfleisch, máis coñecido polo nome de Gutenberg, ten cara ao 1440 a idea de utilizar un procedemento análogo: o uso de caracteres móbiles en chumbo. Atribúese a Gutenberg o nacemento da tipografía moderna, aínda que esta última xa existía en Corea. Segundo a época produciranse dous tipos de obras: os incunables, os primeiros exemplares producidos entre 1450 e 1500, e os libros modernos, producidos pola tipografía e o resto das técnicas máis modernas como a impresión offset ou o rotogravado.

A innovación de Gutenberg en Europa reduciu considerablemente o número de hora-home necesarias para a produción do libro, e polo tanto o custo, permitindo aumentar amplamente a difusión.

En Galiza A imprenta de Monterrei foi a primeira en imprimir no Reino de Galicia. O 3 de febreiro de 1494, a finais do século XV, remátase de imprimir o Misal auriense por Juan de Porras. Nesta impresión hai dous socios: Gonzalo Rodríguez de la Pasera e o xa mencionado Juan Porras. O bibliógrafo F.J. Norton opina que o verdadeiro impresor foi de la Pasera, xa que o papel do segundo foi máis o de editor.

Este misal está composto por 280 follas e está organizado da seguinte maneira: Calendario (10 follas). Dominicla (172 follas). Ordinario da Misa (10 follas). Santoral (40 follas). Común dos Santos (20 follas). Misas votivas (18 follas). Outra imprenta foi a de Mondoñedo na que en 1550 se publicou Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del redactado en castelán. O autor desta obra é Juan de Molina, Francisco de Molina, Luis de Molina, Bartolomé Francisco de Molina ou Bartolomé Sagrario de Molina, máis coñecido como Licenciado Molina.

Categoría:Tecnoloxía Categoría:Artes gráficas