Unha linguaxe interpretada é unha linguaxe de programación deseñada para ser executada por medio dun intérprete, en contraste coas linguaxes compiladas. Tamén se coñecen como linguaxes de script. Moitos autores rexeitan a clasificación de linguaxes de programación entre interpretadas e compiladas, considerando que o modo de execución (por medio de intérprete ou de compilador) do programa escrito na linguaxe é independente da linguaxe mesma.

Linguaxes interpretadas de uso común As linguaxes que adoitan ser interpretadas máis famosas na actualidade son (en orde alfabética):

ActionScript ASP (ata a versión 3) Bash Basic4GL (Basic para OpenGL. Permite xerar executables Windows completos) BeanShell (Xava en linguaxe de Scripts) Inform IO (é unha linguaxe recente -2002-) JavaScript (todas as plataformas) Logo (Linux, Windows e macOS) Linguaxe de programación R Lisp Lua Lush (Lisp para gráficos Linux) NWNScript (empregado no videoxogo Neverwinter Nights e Neverwinter Nights 2) Perl (Mundo Unix e en xeral para todas as demais plataformas) PHP Pike (é o máis rápido de todos, ao estar escrito en gran parte en código nativo) Python (todas as plataformas) REXX e variantes como Object REXX (todas as plataformas, en especial: VOS/2 / AmigaOS) Ruby TCL VBScript (Microsoft Windows)

Véxase tamén Outros artigos Linguaxes multiplataforma Expresión regulare Linguaxe ensambladora Linguaxe de baixo nivel Linguaxe de alto nivel Shell

Categoría:Linguaxes de programación