JavaServer Pages, tamén coñecida polo acrónimo JSP, é unha tecnoloxía Java que permite xerar contido dinámico para un sitio web, en forma de documentos HTML, XML ou doutro tipo.
Características Esta tecnoloxía foi desenvolvida pola compañía Sun Microsystems. A Especificación JSP 1.2 foi a primeira que se liberou e na actualidade (2020) está dispoñíbel a Especificación JSP 2.3.
As JSP's permiten a utilización de código Java mediante scripts. Ademais é posible utilizar algunhas accións JSP predefinidas mediante etiquetas. Estas etiquetas poden ser enriquecidas mediante a utilización de Librerías de Etiquetas (TagLibs ou Tag Libraries) externas e ata personalizadas. Notas
Categoría:Linguaxes de programación