A afasia é un trastorno da linguaxe, consistente na deterioración da linguaxe despois de ter sido adquirida de xeito normal e sen déficit intelectual correlativo. O termo afasia foi acuñado en 1864 polo médico francés Armand Trousseau.

Causas As causas principais son:

tumores enfermidades infecciosas (como a meninxite); enfermidades dexenerativas (como a esclerose múltiple); accidentes con traumatismo cranial; tensión metabólica (intoxicacións);

A dificultade da linguaxe máis común dos afásicos é a incapacidade para falar correctamente por problemas de decodificación, memoria e de sintaxe. Debido a que os afásicos frústranse con facilidade, é destacábel o papel da relaxación, o xogo, a pantomima e das actividades interesantes para o suxeito, xunto co adestramento auditivo intenso.

Tipos Ficheiro:Brain - Broca's and Wernicke's area Diagram.svg Afasia de Broca ou afasia motorapor lesión na área de Broca, que se pode tamén estender ao córtex frontal adxacenteCarme Junqué, Olga Bruna e Maria Mataró Neuropsicología del lenguaje: funcionamiento normal y patológico. Elsevier España, 2004, páxina 55. Vese afectada principalmente a emisión verbal, que fica moitas veces reducida a unha palabra ou algunhas expresións estereotipadas. A linguaxe espontánea é sempre pobre e asume un estilo "telegráfico": substantivos ou formas nominais do verbo (o chamado agramatismo). A perturbación afecta á realización das sílabas fónicas, sen realmente afectar o sistema fonolóxico. Pertúrbase tamén a escrita (agrafía). Non se ven afectadas, porén, a recepción dos signos verbais, a comprensión ou a lectura.

Afasia de Wernicke ou afasia sensorialpor lesións na área de Wernicke (rexión temporal). A fala é fluída, mais resulta difícil de comprender debido a que se deforman as palabras (parafasia literaria), substitúense os termos esperados por outros (parafasia verbal) e prodúcense iteracións (perseveración). O mesmo acontece na escrita (paragrafía) e na lectura en voz alta (paralexia). Vense afectadas a comprensión oral e escrita. Distínguense tres tipos de afasias sensoriais, posibelmente relacionadas con áreas distintas da zona de Wernicke: unha con xordeira verbal, outra con incomprensión verbal, outra dominada pola desorganización da atención.

Afasia de conduciónpor lesións do fascículo arqueado (xunción paríeto-temporal posterior). Consiste nunha perturbación da repetición das palabras e frases e por unha linguaxe espontánea, perturbada por "engavetamentos" (telescopages en francés) de palabras e por autocorreccións. O mesmo que na afasia de Broca, a comprensión non se ve afectada.

Afasia global transitoriacando se interrompe temporalmente o rego sanguíneo na arteria cerebral media.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Afasia evolutiva

Categoría:Trastornos da linguaxe