Julián Delgado, desaparecido o 4 de xuño de 1978, foi un xornalista e empresario arxentino fundador da revista Mercado, e director do xornal El Cronista Comercial. Foi secuestrado e asasinado pola ditadura militar denominada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983).
A súa vida Na década de 1960 Julián Delgado traballou como Secretario de Redacción da Revista Primera Plana. Nesa función foi quen propuso publicar semanalmente Mafalda, a posteriormente famosa en todo o mundo historieta de Quino, a partir do 29 de setembro de 1964.
Foi fundador e dono da revista Mercado xunto con Raúl Sarmiento, Alberto Borrini e Mario Sekiguchi. Este grupo comprou en 1977 o xornal El Cronista Comercial, despois do secuestro do seu director Rafael Perrota, asumindo Delgado a dirección do mesmo.
O seu secuestro, tortura e asasinato Julián Delgado foi detido-desaparecido o domingo 4 de xuño de 1978, en pleno Mundial de Fútbol. Eran as catro da tarde e díxolle á súa muller María Ignacia Cercos de Delgado que sairía na procura de "algo para o té". Nunca máis volveu velo.
Os seus socios na revista Mercado, Alberto Borrini e Mario Sekigucchi, preocupados pola mala imaxe que para o goberno militar significaba o secuestro de Delgado, publicaron entón na revista a seguinte carta:
A súa muller declarou moitos anos despois que o nuncio papal, monseñor Pío Laghi lle comentou que o comandante en xefe da Armada Armando Labruschini lle dixera:
Dixo tamén que:
Chamativamente, a desaparición do empresario xornalístico Julián Delgado é lembrada polo Sindicato de Prensa (UTPBA) mais non polos empresarios nin polas cámaras empresariais de medios de comunicación.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Guerra sucia na Arxentina Xornalismo
Ligazóns externas Desaparición del Dr. Rafael A. Perrota - Cartapacio N° 1222, Informe Nunca Más, CONADEP, 1985 Las torturas de los militares argentinos, registradas en fichas, El Mundo, 4 de xuño de 1997
Categoría:Nados en 1934 Categoría:Asasinatos na Arxentina Categoría:Desaparición forzada de persoas Categoría:Xornalistas asasinados Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en Buenos Aires