Acontecementos

China O imperio Han enche agora as súas arcas ao nacionalizar as industrias do ferro e do sal e impoñendo taxas sobre os barcos e as carruaxes. Os chineses conducidos polo emperador-soldado Wudi ampliaron grandemente o seu territorio en Asia central. Segunda expedición de Zhang Qian a Asia central contra os Wusun, rivais dos Xiongnu. Os Xiongnu, inimigos desde había tempo da China, que formaran o primeiro imperio turco de Mongolia un século antes, son rexeitados máis alá do deserto de Gobi por Wei Qing (Wei Ts'ing) e Huo Qubing (Houo K'iu-ping), un heroe de vinte anos, á fronte de 50 000 xinetes.

Mundo romano

En Roma, consulado de Lucio Aurelio Cota, L. Cecilio Metelo Dalmático. Mario convértese en xefe do partido popular (populares). Fai que o elixan tribuno da plebe. Fundación de Narbona.

Nacementos

Mortes

Véxase tamén

Historia ano a ano

Categoría:-119