O bengalí vermelloBengalí vermello (Amandava amandava). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. (Amandava amandava) é un paxaro do tamaño dun pardal da familia dos begalís (Estrildidae). Os bengalís son aves de gaiola populares, grazas á plumaxe rechamante dos machos reprodutores. O seu nome específico amandava ten á súa orixe na cidade india de Ahmedabad, no Guxarat, de onde eran exportados para o comercio de mascotas.

Descrición Os bengalís miden uns 9 cm. de lonxitude e amosan un marcado dimorfismo sexual na época reprodutora. As femias son castañas agrisadas, amareladas na parte inferior do corpo. A plumaxe nupcial dos machos é predominantemente vermella. No peito, nos flancos, e nas plumas cobertoiras de ás e cola teñen puntos brancos. Os machos, nos primeiros anos, cambian, acabada a época reprodutora, a plumaxe vermella noutra semellante á das femias.

Distribución e hábitat Os bengalís vermellos están espallados dende a India e Indochina , ata Xava e as illas pequenas da Sunda. Hai tamén poboacións en Exipto. Dentro desta área de distribución distínguense tres subespecies: Amandava amandava amandava, da India. A.a. punicea, ou bengalí da China , da illa chinesa de Hainan, Vietnam, Camboxa, leste de Tailandia, Xava e Balí. A.a. flavidiventris, ou bengalí de barriga amarela, que aparece dende Birmania ata o suroeste da China e nas illas de Timor, Flores, Sumba e Lombok. Dende os anos 1980 bandos de bengalís móvense tamén na rexión italiana da Toscana, onde as poboacións existentes teñen a súa orixe en exemplares domésticos fuxidos. Hai tamén poboacións introducidas en España, Brunei, Fiji, Malaisia, Portugal, Porto Rico, Singapur e Hawai.

Os bengalís viven en áreas de herbáceas ou xunqueiras e no mato preto dos camiños ou das beiras dos bosques ademais de en xardíns.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Horst Bielfeld; Das Prachtfinkenbuch - Sämtliche Arten, ihre Haltung, Pflege und Zucht, Eugen Ulmer Verlag Stuttgart 1996, ISBN 3-8001-7327-1

Ligazóns externas BirdLife Species Factsheet O bengalí vermello na lista vermella da

Categoría:Paseriformes Categoría:Animais descritos en 1758