San Martiño de Pazó é unha parroquia situada no oeste do concello de Allariz. Está rodeada polas parroquias allaricenses de Allariz (Santiago), Seoane, San Trocado e Queiroás. Segundo o IGE, en 2022 tiña 100 habitantes (57 homes e 43 mulleres). O seu núcleo máis poboado é Amiadoso, con 58 habitantes.

Historia En San Martiño de Pazó atopouse unha pilastra decorada, depositada no Museo Arqueolóxico de Ourense. O bloque presenta decoración en tódalas caras, feita en diferentes momentos, desde o século II (período galaicorromano) ata os séculos IX-X, na Idade Media.

Ao comezo da Idade Media existía un convento dedicado a Martiño de Dumio, homónimo da vila, que se refire ao "Pazo das Donas". Unha disputa entre a abadesa de Pazó Guntroda, parente do poderoso magnate Rodrigo Velázquez, con Muniadona e o seu fillo Gonzalo Menendiz levou a unha breve guerra civil galega a mediados do século X, culminándose coa Batalla de Aguioncha. Guntroda foi sucedida pola súa parente Ilduara.

A igrexa de San Martiño de Pazó conserva un arco de ferradura na porta sur. Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Pazó

Parroquias de Allariz

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Allariz

Categoría:Parroquias de Allariz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño