Ricardo Liniers Siri, chamado Liniers, nado en Buenos Aires o 15 de novembro de 1973, é un debuxante arxentino.
Traxectoria Estudou publicidade, pero non se dedicou a iso; comezou a debuxar para fanzines, e logo para distintas revistas e xornais. A partir de 1999 publicou semanalmente no suplemento NO! do xornal Página/12 e en xuño de 2002 mudouse a traballar como debuxante para o xornal La Nación, da man de Maitena. Alí, na última páxina, realiza as tiras cómicas que lle dan sona, e que anos despois recolle en publicacións de libro co nome de Macanudo. Aínda que ten diversos personaxes, moitos deles anónimos, ten outros caracteres fixos: a nena Enriqueta, o seu gato Fellini e o seu oso de peluche Madariaga; Z-25, o "robot sensíbel"; o pingüín Macanudo e un conxunto de ananos de pucho de cores. As súas historias xogan coa absurdo e coa reflexión intelectual, na liña da Mafalda de Quino.
Tamén realizou dúas mostras de pintura, e deseñou as portadas dos álbums Logo, de Kevin Johansen e La lengua popular, de Andrés Calamaro.
Obra Editou os seguintes álbums: Lo que hay antes de que haya algo", Pequeño Editor, (conto)Macanudo 1. Ediciones De la Flor, Buenos Aires, 2004 (a serie Macanudo recolle as colaboracións en La Nación)Macanudo 2. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2005Macanudo 3. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2006Macanudo 4. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2006Bonjour''. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2005 (recompilación das primeiras colaboracións gráficas de Liniers)
Ningún dos seus álbums está traducido ao galego.
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Liniers, con moitos exemplos dos seus debuxos. Web oficial de Liniers
Liniers Categoría:Nados en 1973