Luís Bouza-Brey Villar, nado en Vilagarcía de Arousa en 1945, é un político galego.
Traxectoria profesional Licenciado en dereito na Universidade de Santiago de Compostela, comezou dando clases nesta facultade, pero en 1970 trasladouse a Barcelona, á facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Barcelona.
Traxectoria política Iniciouse na militancia política no PSG da clandestinidade. Ao marchar para Cataluña incorporouse á Convergència Socialista, que despois se integraría no PSC, onde militaría ata 1986.
En 2006, Luís Bouza-Brey participou do proceso fundacional de Ciutadans de Catalunya, e en xuño de 2007 encabezou unha candidatura alternativa á presidencia desta formación, que ostentaba Albert Rivera, e que saíu derrotada. Como consecuencia diso, abandonou o partido e integrouse en Unión, Progreso y Democracia. Encabezou o comité electoral de Barcelona desta formación, pero dimitiu en decembro de 2007.
Familia É fillo de Luís Bouza-Brey Trillo, sobriño de Fermín Bouza Brey e irmán de Gonzalo Bouza-Brey.
Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal de Luís Bouza-Brey
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1945 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes