O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais.

Letra Nome Fonema(s) que representaAa/a/Bbe/b/Cce/θ/ (+ e e i; /s/ en zonas con seseo);/k/ (+ a, o e u)Dde/d/Ee/e/, /ɛ/Fefe/f/Ggue/g/ /h/HhacheIi/i/, /j/Lele/l/Meme/m/Nene/n/Ñeñe/ɲ/Oo/o/, /ɔ/Ppe/p/Qque/k/Rerre/r/, /ɾ/Sese/s/Tte/t/Uu/u/, /w/Vuve/b/Xxe/ʃ/, /ks/Zzeta ou ceta/θ/ (/s/ en zonas con seseo)

Dígrafo Nome Fonema(s) que representachce hache/tʃ/gugue u/g/llele dobre/ʎ/nhene hache/ŋ/quque u/k/rrerre dobre/r/

No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc. Tamén se empregaban as letras j, g, ç, e duplicacións, como -ss-, -ll-etc., que respondían probablemente a sons que se perderon no estándar actual, e sempre con bastante vacilación no seu emprego. Do mesmo xeito, moitas terminacións de palabras eran elididas ou abreviadas.

A partir da codificación posterior dos dialectos meridionais, o portugués desenvolveu unha serie de dígrafos característicos (lh (/ʎ/), nh (/ɲ/)), que empregan hoxe en día as persoas partidarias das correntes reintegracionistas.

Véxase tamén Ligazóns externas s:Normativa oficial do galego - O alfabeto

Categoría:Lingua galega G