José Canedo Grille, nado en Tordoia o 22 de febreiro de 1902 e finado en Lens (Ames) o 29 de decembro de 1945, foi un lingüista e orientalista galego.
Traxectoria De familia labrega, marchou a estudar no seminario de Santiago de Compostela. Licenciouse na Universidade de Granada, e foi bolseiro durante sete anos no Indogermanisches Seminar da Universidade de Berlín, onde se especializou en lingüística indoeuropea. Na cidade alemá coincidiu con Lois Tobío Fernández, Felipe Fernández Armesto ou Vicente Risco, quen dixo del:
No ano 1930 publicou dous artigos na revista Nós. En 1934 pasou a dar clase de Filoloxía Clásica na Universidade de Barcelona, onde o sorprendeu a guerra civil española. En xullo de 1938 asistiu ao Congreso Internacional de Lingüística en Gante (Bélxica), mais non se reincorporou ao seu posto de traballo. Fuxiu do territorio republicano e entregou uns planos ao goberno nacional de Burgos. A pesar desta e doutras colaboracións co franquismo ao remate da guerra, o 6 de agosto de 1941 foi expedientado por insubordinación e apartado do seu posto como docente no Instituto Ausias March.
En 1942 publicou a súa obra máis importante, Resumen de literatura sánscrita. Tamén publicou nese tempo diversos artigos sobre o sánscrito e a súa literatura en revistas filolóxicas. En 1943 pasou a ser lector de castelán na Universidade de Heidelberg. Faleceu mentres se hospedaba no pazo de Lens, e foi soterrado no cemiterio parroquial.
Obra "Die lateinischen Inchoativa und ihr Verhältnis zur Komposition", en revista Glotta nº 24 (1934, páx. 257-266) e nº 26 (1936, páx. 14-38) Zur Wort- und Satzstellung in der alt- und mittelindischen Prosa. Vandenhoeck & Ruprecht. Gottingen, (1937) Nachleben des idg. Injunktivs im Lateinisch-Romanischen (1938) Resumen de literatura sánscrita (1942)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Lingüistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Indoeuropeística Categoría:Orientalistas Categoría:Nados en Tordoia Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Lingua sánscrita Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes