miniatura|dereita|200px|Castelo de Castro Laboreiro.

Castro Laboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a serra do Laboreiro, a serra da Peneda e a serra de Queguas; a unha altura media duns 1.000 m de altitude. A pesar de ser a freguesía máis extensa de Melgaço, con 89,29 km², só ten unha poboación duns 726 habitantes segundo o censo do 2001, quedando deste xeito cunha densidade de poboación moi baixa, arredor dos 8,1 hab./km².

Foi vila e sede de concello entre 1271 e 1855. Estaba constituído soamente pola freguesía da sede e tiña, en 1801, 1284 habitantes e, en 1849, 1512 habitantes.

A freguesía atópase dentro do Parque Nacional de Peneda-Gerês, nun enclave illado, rodeado por serras que acadan os 1340 m de altitude no Gestoso. Preto deste cumio nace o río Castro Laboreiro ou Barcia que forma un val longo arredor do cal se distribúen os núcleos de poboación, e que serve de fronteira durante un longo tramo duns 15 km con Galiza ata desembocar no encoro de Lindoso.

Patrimonio Castelo de Castro Laboreiro (séc. XII) Ponte Celta dos Portos Ponte de Dorna Ponte da Capela Ponte de Varziela Ponte das Caínheiras Ponte das Veigas Ponte Nova da Cava da Velha Ponte Velha Ponte do Rudeiro Pelourinho de Castro Laboreiro (1560) muíños fornos comunitarios espigueiros Igrexa de Santa Maria da Visitação ou Igrexa Matriz de Castro Laboreiro Ponte de Assureira ou Ponte de São Brás, Capela de São Brás.

Festas e romarías Señora da Visitação e S. Bento (13 de xullo) Señora dos Remédios (agosto) Santa Isabel-Senhora da Visitação (Vila; primeiro domingo de xullo)

Cantigueiro Heime de casar en Crasto,/ en Crasto me casarei;/ se me non casar en Crasto/ casareime en Recarei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. No orixinal: casaréime. Refírese a Castro Leboreiro, xa en Portugal; Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.. Non quero casar en Crasto,/ que é terra de penedos;/ heime casar en Xendive,/ que é terra de moitos grelos Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 111. Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios..

Notas

Categoría:Freguesías de Melgaço